Ler, pensar, escribir, compartir e participar.

23 dic 2010

"Érase unha vez un rapaz que aos cinco anos aprendeu a ler. Iso cambioulle a vida. Grazas aos libros de aventura que lía, descubriu unha maneira de escpapar da pobre casa, do pobre país e da pobre realidade en que vivía, e trasladarse a lugares marabillosos, espléndidos, con seres fermosísimos e cousas sorprendentes onde cada día, cada noite, significaba unha maneira intensa, aventureira e novidosa de gozar.
Gozaba tanto lendo historias que, un día, este rapaz, que xa era un mozo dedicouse tamén a inventalas e escribilas. Facíao con dificultade pero, ao mesmo tempo, con felicidade e gozando cando escribía tanto coo cando lía."
Brindis de Vargas Llosa ao recibir o Premio Nobel de Literatura"


Feliz Nadal e boas lecturas.

22 dic 2010

8 dic 2010

Cine para este Nadal









Os contos infantís cobran vida nos novos tabletas dixitais

Fina Casalderrey estrea unha aplicación na que sairán outros cinco contos editados por Galaxia. Un «software» desenvolvido en Galicia permite personalizar as historias con voces propias.
Para saber máis, preme AQUÍ

2 dic 2010

Oing, oing


No noso grupo de Bibliokolegas temos a sorte de contar co talento de Almudena Janeiro, quen nos agasallou na última xuntanza cunha fermosa primicia: unha nova canción, esta vez arredor do conto de Anthony Browne'O libro dos porcosComo xa nos ten demostrado, a música e os libros fan unha fantástica mestura polo que ao goce de ler engadímoslle o gusto de escoitar e mesmo de cantar. Velaí unha saborosa receita:Contos en cantos, a primeira obra da nosa compañeira, que nos fixo disfrutar de moi bos momentos a pequenos e a grandes.
E gracias á súa xenerosidade agora temos esta nova canción que conta, nun tono acorde ao público que vai dirixida, unha historia para a reflexión, que nos axudará na inexcusable tarefa de educar para a igualdade.
Aquí está:


Grazas pola xenerosidade, Mik.

30 nov 2010

24 nov 2010

Axudantes da biblioteca 2010-11

María, Iván, Uxía, Noelia, Fátima, Antía A., Jessica, Miriam, Silvia, Laura, Paula, Xiana e Antía F. axudarán durante os recreos na biblioteca.
Grazas a todos.

19 nov 2010

Museo do Prado. Audioguías para nenos e nenas.


0 19 de novembro de 1819 inagurouse o Museo del Prado.
Feliz Aniversario!!!!!!!!!!!!!!!
Coa Infanta Margarida e co Infante Francisco de Paula poderás coñecer obras do Museo.
Preme AQUÍ e aventúrate a visitar a pinacoteca.

7 nov 2010

Froitos de outono.

O alumnado de Valadares deixou voar o maxín para crear moitos personaxes cos froitos de Outono.
Son de cine!!!!

div>

4 nov 2010

Unha boa noticia: Lemos máis

A Federación de Gremios de Editores de España (FGEE) presentou o Barómetro de Hábitos de Lectura eCompra de Libros correspondente ao segundo cuatrimestre do ano 2010.

Se queres saber máis, pincha neste enlace.

31 oct 2010

Precioso!!!!!!!!!!!!!!
Belas imaxes para inagurar unha biblioteca. Non si??
(Visto no blog Trafegando Ronseis)

29 oct 2010

Aniversario do poeta Miguel Hernández.

Queremos darlle as grazas a "O Lar de Frianciño", blog de CEIP Frian Teis polo fermoso homenaxe a Miguel Hernández coa poesía de Carmen Gil.



Miguel Hernández

27 oct 2010

Ven á biblioteca, xa está en marcha. on PhotoPeach

22 oct 2010

Hoxe, ábrese a biblioteca.


Para saber un pouco máis da CDU. Está en portugués. Escoita atentamente.

23 may 2010



Recomendado polo Recanto de Mik
Visto en Leer.es

13 may 2010

Para saber máis de ... Uxío.



Preme AQUÍ para acceder aos recursos de Uxío Novoneyra.

11 may 2010

Uxío Novoneyra: Poesías

Visto no CPI Progreso.



Preme na imaxe e entrarás na páxina oficial de Uxío Novoneyra.

10 may 2010

Padriños e madriñas lectores.

Houbo moita chuvia no exterior, pero dentro do cole, o calor das lecturas quentou o ambiente.


COMPARTINDO LECTURAS on PhotoPeach

30 abr 2010

Algunhas imaxes de abril

abrilibros on PhotoPeach

23 abr 2010



O 23 de abril celébrase o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, a instancias da UNESCO, retomando así unha vella celebración catalana. Lemos na declaración de Irina Bukova, directora xeral deste organismo internacional: "Os libros son á vez obras de arte e ciencia, e vectores de ideas. Plasman de maneira magnífica as diversidades creadoras. Conducen ao coñecemento universal e participan no diálogo entre culturas. Son instrumentos de paz".



As bibliotecas escolares galegas ferven nestes días con actividades para a posta en valor do libro e da lectura. Todo o ano se traballa para a formación das lectoras e dos lectores, pero nestes días ese traballo toma forma e inunda biblioteca, corredores e aulas. A imaxinación e o coñecemento do profesorado ponse de manifesto en actividades orixinais e ben construídas para fomentar a lectura pero tamén se saben aproveitar iniciativas alleas, sumando vontades para a construción da sociedade lectura, na que tod@s estamos involucrados. Así, máis de cen bibliotecas escolares recolleron a proposta da ONG galega, Implicadas no Desenvolvemento, e están a difundir, mediante unha exposición, as respostas de moitas persoas procedentes de distintos sectores da cultura, á pregunta PARA QUE LES? Nalgúns centros esta proposta se modifica e son os membros da comunidade educativa os que responden esta cuestión. O obxectivo comun: a difusión da experiencia lectora. Hai noticia desta exposición en moitos dos blogs das bibliotecas escolares galegas (PRIMARIA - SECUNDARIA). Unha visita a estes espazos virtuais pode dar unha idea da inmenso movemento a favor da lectura que se está a producir nos centros de ensino galegos.
Visto en Bibliotecas Escolares.

5 abr 2010

2 de abril: Día Internacional do libro Infantil




Celebramos o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.Todos os anos, o2 de abril, o IBBY (International Board on Books for Young People) celebra o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, co fin de conmemorar o nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen. Cada ano é un país membro da organización Internacional o encargado de editar o cartel anunciador e a mensaxe dirixido a todos os nenos do mundo. Este ano 2010 encargase España. O cartel fixoo Noemí Villamuza e a mensaje é de Eliacer Cansino.




17 mar 2010

Ricardo Gómez tivo un encontro cos rapaces de 3ºA e B e falaron do seu libro "Los zorros del Norte"da editorial Edelvives.



5 mar 2010

SEMANA DA PRENSA





A Biblioteca do CEP Fleming de Vigo achéganos este LIM para traballar a prensa na escola.Grazas XiraLibro.

26 feb 2010

Encontros cun escritor e ilustrador:

Jacobo Fernández Serrano estivo compartindo o seu libro "Mil cousas poden pasar", Premio Merlín 2010, cos nenos e as nenas de 5ºA e 5ºB.
Grazas.

15 feb 2010

Quen é o teu admirador secreto?

O 14 de febreiro, día de S. Valentín, os nenos e as nenas recibiron os poemas dos seus admiradores secreto. Houbo moitas sorpresas.

14 feb 2010

ENTROIDO DE MIL DE AMORES
O venres celebramos o Entroido 2010. O patio encheuse de " Romeos e Xulietas", "Noivos e noivas", " Sandy e Danny " da película Grease, "Parellas de Cine", "Aladdin e Jasmine" e "Pocahontas e Mr. Smith".
Pasámolo xenial!!!!!!!!!!!!!!!



7 feb 2010

2 feb 2010

Un corazón cheo de PAZ!

Un corazón cheo de PAZ on PhotoPeach

31 ene 2010

PAZ (6)


Grazas ao IES Río Cabe de Monforte.

Agasállanos con outro cartel para celebrar a Día da Paz 2010.

27 ene 2010

Paz (5)

Máis música pola PAZ.




26 ene 2010

Recursos para traballar a PAZ nas aulas(4)




A Biblioteca do CEIP Mestres Goldar achéganos esta interesante recompilación de recursos para traballar a Paz. Grazas, Mik.

Preme na imaxe.

25 ene 2010

20 ene 2010

Mercedes Peón canta á PAZ

Mercedes Peón é unha cantante e instrumentista galega. Fíxose moi popular como presentadora do programa de entretenimento Luar (TVG) no que traballou mostrando as súas investigacións de máis de 10 anos percorrendo as aldeas galegas na busca da tradición oral e as músicas máis ancestrais. As súas primeiras gravacións foron colaboración con outros artistas galegos como Xosé Manuel Budiño, Os Diplomáticos de Monte-Alto ou co antigo grupo de Manu Chao, Mano Negra. Nesta altura formou o grupo Ajrú, co que únicamente gravaría uns temas recollidos no compilatorio Naciones Celtas II. Probablemente o seu tema máis popular sexa o tema principal da serie Mareas vivas (TVG).
Mercedes Peón participou en dúas edicións do Festival de Ortigueira, nos anos 2002 e 2007.




Grazas, Elvira do CEIP A Doblada.
(Preme na imaxe para saber mais)

2010, Ano do Libro e da Lectura en Galicia

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria continúa, neste ano 2010, declarado Ano do Libro e a Lectura en Galicia, coa súa dinámica de fomento da lectura nos centros, a través do programa Hora de Ler, e de mellora da infraestrutura básica para a lectura no ámbito educativo: as bibliotecas escolares. Entre outras accións, destacan:
Plan de mellora de bibliotecas escolares
Campaña: BIBLIOTECA ESCOLAR, ESPAZO DE LECTURAS
Mochilas viaxeiras (actualmente están a rolar por Galicia preto de 4.500 mochilas)
Clubs de lectura en centros de ensino secundario

13 ene 2010

Concurso "Colgaportas".

Aquí están os gañadores do concurso de colgaportas celebrado no primeiro trimestre.
Noraboa!!!! e ao resto animádevos a participar. Haberá máis concursos.




10 ene 2010


Visto en Formación Ocupacional