Ler, pensar, escribir, compartir e participar.

20 nov 2007

Os que máis len

Os que máis len: nenas e nenos entre 10 e 13 anos
Actualidade | Fomento da lecturaA Federación de Gremios de Editores de España vén de facer públicos os resultados do Barómetro de Hábitos de Lectura y compra de Libros correspondente ao terceiro trimestre de 2007. Consolídase o grupo de nenas e nenos entre 10 e 13 anos como o sector da poboación que máis le: 9 de cada 10 nenas e nenos desta idade decláranse lectores; a maioría le por elección propia e porque lles gusta.

Un dato significativo é que o 94,5% dos nenos e nenas enquisados afirman que no seu colexio os profesores lles animan á lectura.

Outro dato importante: nos fogares destes lectores, o 73,4% dos pais len de forma cotiá e un 80,7% mercoulles ou regaloulles libros no último ano.

O mesmo estudio sinala que entre a poboación lectora maior de 14 anos (o 57%), o grupo de poboación que máis le son os mozos entre 14 e 24 anos, que o fan nun 70,2%

Non debe pasarse por alto outro dato deste barómetro, o que indica que só escolle o galego para as súas lecturas un 0,1% da poboación lectora. Por último, un vistazo á lista dos libros máis lidos en xeral, e entre os máis novos en particular, chama a unha reflexión á hora de preparar seleccións de lecturas e itinerarios lectores para o noso alumnado, co fin de mellorar a súa competencia literaria.

Día Internacional dos dereitos dos nen@s