Ler, pensar, escribir, compartir e participar.

8 abr 2009

RECEITA DE COMO LER UN BO LIBRO

Ingredientes:

Un bo libro.
Unha estancia cómoda.
Un bo asento.
E un cerebro.

En primeiro lugar debe coller o seu libro e dirixirse á súa estancia cómoda. Asegúrese de preparar con antelación a estancia antes de comezar. A continuación sente no seu asento, póñase cómodo, é preferible que sexa un sofá cuns cantos coxíns ou unha cama quentiña, despois colla o seu libro e póñase a ler. Agora o único que ten que facer é relaxarse e deixar que a súa imaxinación faga o resto do traballo por vostede. E tanto pode porse a ler un libro de medo como un de aventuras ou do que vostede prefira. Iso non alterará nada o sabor.

Grazas, Rebeca. (IES Sanxenxo)

(Vía Bibliomanía)