Ler, pensar, escribir, compartir e participar.

31 ene 2016

Día da PAZ

Para celebrar o día da PAZ, realizamos varias actividades no patio: fixemos un mosaico de cores simulando un arco da vella, colgamos un globo da PAZ que previamente fixeramos entre todos e todas na clase de Plástica e, por último, cantamos o rock da PAZ.

28 ene 2016

Visita á Biblioteca Juan Compañel.

O día 26 de xaneiro, o alumnado de 2º visitou a Biblioteca Juan Compañel, dentro das actividades de colaboración con outras Bibliotecas.

15 ene 2016

Concursos día da PAZ

O día 30 de Xaneiro, celebramos O DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA. Dende o día 20 ao 29 de xaneiro podes participar no concurso que preparamos. Recolle un folleto na Biblioteca, contesta ás preguntas e deposítao no contedor correspondente. Tamén podes descargar os folletos premendo nas imaxes.
nullhttp://www.edu.xunta.es/centros/cepigrexavaladares/system/files/CONCURSO%20PAZ%202016%203%C2%BA%20CICLO.pdf