Ler, pensar, escribir, compartir e participar.

25 jun 2012

Actividades Do curso 2011-2012

Este é un resumo das actividades feitas ao longo do curso 2011-2012

5 jun 2012

"De Atenas a Londres" 3ª parte: Londres 2012

Iniciamos a nosa viaxe pola historia das Olimpíadas en Atenas, na antiga Grecia. E despois dun percorrido polos Xogos Olímpicos da Era Moderna, chegamos ao noso destino, Londres, onde se celebrarán, do 27 de xullo ao 12 de agosto, os XXX Xogos Olímpicos.
Nesta 3ª exposición, que será interactiva, aprenderemos todo o necesario para disfrutar desta edición dos Xogos Olímpicos: os deportes que participan, as sedes onde se celebrarán as competicións, a Villa Olímpica, as mascotas, as medallas, o facho, o logotipo… Tamén nos servirá para coñecer mellor a cidade e a súa cultura.
Desenvolverase na aula de informática, do 6 de xuño ao 20 de xuño, e constará de:

4 jun 2012

Visitounos Fina Casalderrey

O día 30 de abril visitounos FINA CASALDERREY, a nosa escritora máis querida.
Estivo co alumnado de 2º, 3º e 5º. Faloulle das súas experiencias persoais, que son a fonte de inspiración das historias que escribe. Foi moi enriquecedor e divertido.
Ao rematar, firmoulle os libros que leran.