Ler, pensar, escribir, compartir e participar.

26 oct. 2015

Ábrese a Biblioteca

O día 23 de outubro, todos os cursos do cole participaron no acto de apertura da Biblioteca. Tres alumnos e alumnas de 6º foron os encargados de lerlles o conto "As Palabras máxicas". Todos, por niveis, xuntaron letras para facer palabras relacionadas cos valores. Logo interpretaron a canción "Yo estoy muy orgullosa" e, por último obsequiáronnos cunha chocolatina.

8 oct. 2015

Premio Nacional de Literatura Infantil

NORABOA á escritora viguesa Ledicia Costas,

Premio Nacional de Literatura Infantil


                     Foto Xerais
A escritora viguesa Ledicia Costas obtivo o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil na súa edición 2015 pola súa novela "Escarlatina, a cociñeira defunta". Este galardón do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte distingue unha obra de autor español, escrita en calquera das linguas oficiais do Estado e editada en España durante o pasado ano 2014. A dotación económica do premio é de 20.000 euros.
O Xurado decidiu premiar a obra de "Escarlatina, a cociñeira defunta" por ser "unha obra extraordinaria, humorística e rompedora no contexto da literatura infantil e xuvenil actual que destaca tamén pola súa fácil lectura, polo seu humor escalofriante, e pola habilidade para desmitificar o mundo da morte".