Ler, pensar, escribir, compartir e participar.

18 feb 2016

Semana de Rosalía

SEMANA ADICADA A ROSALÍA DE CASTRO

O día 24 de febreiro, día do nacemento da escritora, celébrase o DÍA DE ROSALÍA.
Escritora e poeta española, Rosalía de Castro está considerada como a peza fundamental do Rexurdimento da literatura galega a finais do século XIX.
As súas obras máis importantes son Cantares gallegos (1863), obra que narra a historia do pobo galego, e Follas novas (1880). En castelán, habería que destacar En las orillas del Sar (1884).
A data de publicación de Cantares Gallegos, 17 de maio, foi elixida para convertirse no Día das Letras Galegas.
No colexio, durante esta semana, realizamos distintas actividades:
  • Mural adicado á escritora.
  • Música de poemas de Rosalía para ás entrada e saídas do Centro.
          Luns: Adiós ríos, adiós fontes.
          Martes: Campanas de Bastabales
          Mércores: Maio longo
          Xoves: Negra sombra
          Venres: Cando era tempo de inverno
  • Ilustración de estrofas ou poemas
  • Memorización e recitado de poemas nas aulas

ENLACES DE INTERÉS:
Páxina de Rosalía: http://www.rosaliadecastro.com/
LIM Rosalia: https://dl.dropboxusercontent.com/u/22431202/rosalia/rosalia.html

5 feb 2016

Entroido 2016

O tema deste curso, en relación ao proxecto da Biblioteca, foi
"SEIS POBOS, UN MESMO SENTIR"