Ler, pensar, escribir, compartir e participar.

19 abr 2011

23 de abril

"Los libros encarnan la capacidad humana de suscitar mundos reales e imaginarios y ponerlos en palabras. Son las mejores voces de la tolerancia y las señales más claras de esperanza. Los libros son los pilares de sociedades libres y abiertas."
Irina Bokova 

Libros relacionados (Preme aquí)


  

15 abr 2011

Abril: Encontros con escritores




Nata y chocolate: Una novela sobre el acoso escolar
Sonia es una niña callada, triste y solitaria. La razón es que sus compañeros se meten con ella por ser albina; Lola incluso le obliga a hacerle los deberes. Nadie parece darse cuenta de esta situación hasta que una nueva profesora llega al centro y decide cambiar la situación que vive Sonia.

Para saber más ......

4 abr 2011

Contarte

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This photo slideshow generated with Smilebox






O conto existiu desde o principio dos tempos, para facerlle fronte ao frío, ao medo; naceu da palabra, do xesto, da voz...As historias viaxaron polo aire miles de quilómetros, creceron, cambiaron, mesturáronse..Contos necesarios, presentes en todas as épocas, todos os lugares e todas as sociedades..

2 abr 2011

A biblioteca presenta a... Violeta Monreal en

2 abril: Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.

Todos os anos, desde 1965, o International Board on Books for Young People (IBBY), no que están integrados máis de 70 países entre eles España, promove a celebración do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFLANTIL, para conmemorar a data de nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen e fomentar a lectura entre os nenos e nenas.
Cartel anunciador.

Cada ano un país membro de dita Organización Internacional encárgase de seleccionar a un escritor e a un ilustrador para realizar a mensaxe e o cartel que se dirixe a todos os nenos do mundo. Este ano correspóndelle á sección de Estonia, que enviou o cartel de Jüri Mildeberg e a mensaxe de Aino Pervik.
A Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil (OEPLI), a través das súas catro seccións: Consejo General del Libro, ClijCat, Gálix e Galtzagorri, e coa colaboración e o patrocinio da Dirección Xeral do Libro, Arquivos e Bibliotecas, do Ministerio de Cultura, promove, a escala nacional, a celebración do citado Día e convida especialmente a bibliotecas e librarías a que se unan á conmemoración.

Os autores

Aino Pervik é unha das escritoras de literatura infantil e xuvenil máis influíntes da actual Estonia. Nacida no 1932, está graduada pola University of Tartu cunha especialización en linguas Finno-Ugric. Escritora profesional desde 1967, escribiu 47 libros para nenos, así como prosa e poesía para adultos. As súas obras foron traducidas ao inglés, alemán, xaponés, lituano, ruso e outras linguas, e en varias ocasións para o teatro e adaptacións para a gran pantalla.
Gañou importantes premios, entre eles; o Premio Nacional en tres ocasións; J. Oro Premio de literatura infantil; e o seu libro Paula ópib emakeelt (Paula aprende a súa lingua materna, 2002) incluíuse na la Lista de Honra IBBY 2004. No 2001, foi galardoada coa Orden da Estrela Branca 5º clase da República de Estonia.

Jüri Mildeberg (tamén coñecido polo seu Mildebergius) naceu en Tallin no 1965. Comezou a súa carreira como pintor e artista gráfico e todos os anos expón en solitario en diferentes lugares do mundo. A súa primeira experiencia no campo da ilustración foi Canterville´i lossi vaim (A pantasma de Canterville, 1991) de Oscar Wilde, pero el non comezou ilustrando libros con regularidade ata 1999.
O traballo de Mildeberg foi recoñecido con premios incluíndo dous títulos da Trienal Internacional de Tallin Ilustración "Poder das imaxes" no 2003, e Certificados de Mérito nas competicións de Estonia para os 25 mellores libros deseñados e os 5 mellores deseños de libros infantís para 1999, 2005, 2006 e 2008. Foi incluído na Lista de Honra do IBBY de 2008 polas súas ilustracións para Ruttu tuttu!.