Ler, pensar, escribir, compartir e participar.

24 nov 2007

25 novembro

Neste día no que se celebra o Día Internacional da Non violencia contra as mulleres, queremos reflexionar sobre iso. E un xeito de facelo é a través dos contos, que nos contan historias de cada día, nas que se emprega a violencia contra as mulleres dunha maneira cotiá, moitas veces sen nos decatar.
Gustaríanos non ter que celebrar un día coma este.
Gustaríanos que nenos e nenas se relacionasen sen que a diferenza de sexo marcara nada importante.
Gustaríanos que homes e mulleres falaran, falaran e falaran para resolver os seus desencontros, como lles obrigamos a facer na escola aos nenos e ás nenas.
Gustaríanos que cada quen soubese onde rematan os seus dereitos e onde comezan os da persoa que ten á súa beira.
Gustaríanos que ninguén usase a súa forza nin física, nin laboral, nin económica… contra as mulleres para conseguir os seus propósitos.
Gustaríanos que no vindeiro 25 de novembro homes e mulleres atopasen o entendemento e non ter que chorar máis vítimas.
Gustaríanos que os contos se fixesen realidade .

20 nov 2007

Os que máis len

Os que máis len: nenas e nenos entre 10 e 13 anos
Actualidade | Fomento da lecturaA Federación de Gremios de Editores de España vén de facer públicos os resultados do Barómetro de Hábitos de Lectura y compra de Libros correspondente ao terceiro trimestre de 2007. Consolídase o grupo de nenas e nenos entre 10 e 13 anos como o sector da poboación que máis le: 9 de cada 10 nenas e nenos desta idade decláranse lectores; a maioría le por elección propia e porque lles gusta.

Un dato significativo é que o 94,5% dos nenos e nenas enquisados afirman que no seu colexio os profesores lles animan á lectura.

Outro dato importante: nos fogares destes lectores, o 73,4% dos pais len de forma cotiá e un 80,7% mercoulles ou regaloulles libros no último ano.

O mesmo estudio sinala que entre a poboación lectora maior de 14 anos (o 57%), o grupo de poboación que máis le son os mozos entre 14 e 24 anos, que o fan nun 70,2%

Non debe pasarse por alto outro dato deste barómetro, o que indica que só escolle o galego para as súas lecturas un 0,1% da poboación lectora. Por último, un vistazo á lista dos libros máis lidos en xeral, e entre os máis novos en particular, chama a unha reflexión á hora de preparar seleccións de lecturas e itinerarios lectores para o noso alumnado, co fin de mellorar a súa competencia literaria.

Día Internacional dos dereitos dos nen@s

15 nov 2007

Carta ás familias

Neste curso 2007-2008 o noso colexio foi incluido no PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES promovido pola Consellería de Educación .

Grazas a esto recibimos unha dotación económica que nos está permitindo facer unha serie de cambios no equipamento e na ampliación-renovación dos fondos bibliográficos, ademais de promover actividades que incidirán na formación do alumnado e que implican a toda a comunidade escolar.

O proxecto titúlase “ UNHA VIAXE POLO MUNDO…COS LIBROS ”

Ó longo do curso faremos diversas actividades nas que precisaremos da vosa colaboración.

Como inauguración do proxecto os vosos fillos e fillas levarán unha carpeta para que a forredes na casa,. Esta carpeta deberá estar pronto de volta no colexio, xa que nela arquivaremos as actividades da biblioteca.

Para rematar, invitámosvos, a participar connosco nesta actividade. A lectura pode servir para aumentar a colaboración entre as familias e o colexio, o que, sen dúbida, favorecerá o desenrolo académico dos vosos fillos e fillas.

É importante crear un bo clima que favoreza a lectura. Por iso, dende o colexio, queremos buscar a vosa colaboración e implicación e propoñemosvos ler na casa, disfrutar das lecturas cos fillos e fillas, comentalas… Trátase de compartir un pouco do voso tempo.

Un saúdo e BOAS LECTURAS


O EQUIPO DA BIBLIOTECA




NOTA:Ó rematar as obras a biblioteca estará aberta durante o horario lectivo e os martes pola tarde de 4 a 6 para préstamos externos.

14 nov 2007

A nosa mascota


Rapochá é a mascota da Biblioteca do CEP Igrexa-Valadares dende a curso 2.000-01. É un marcapáxinas, que foi escollido polos alumnos do colexio, despóis dun concurso.
Envía cartas, recomenda libros, convoca os concursos , pero sobre todo anima a LER.

13 nov 2007

Biblo en obras

A biblio de Valadares está en obras, pero seguimos facendo outras actividades de cara á mellora doutros ámbitos que, tamén forman parte deste proxecto; lemos nas clases os libros das bibliotecas de aula, contamos contos, lemos poesía, elaboramos historias, catalogamos e forramos libros, buscamos libros de lectura co tema das viaxes e os contos tradicionais, visitamos librerías, como di Pilar: " Isto é unha carreira de fondo..." Non temos o espazo físico, pois hai moitos lugares para ler. Penso que nos atopamos no bo camiño. Boas lecturas.

11 nov 2007

VIVAMOS COMO GALEGOS

Nova campaña publicitaria dunha cadea de supermercados. Fantástica!

10 nov 2007

Fina Casalderrey


A biblio de Valadares leva o nome de Fina Casalderrey. Hai dous cursos que Fina visitounos para inagurar a nosa biblioteca. Grazas, Fina.

9 nov 2007

Isto é unha proba

Ó chegar a casa despóis do obradoiro de blogs escolares con o "inernauta bloggero" A. Alonso, pensei que o cole de Valadares tiña que engancharse a esta ferramenta. Hai mais de 35 blogs de bibliotecas escolares e máis d 100 sitios web, non debemos quedar atrás - non é así Rocío, se poden nós tamén - imos a por todas. Saúdos e tempo para ler e vivir.