Ler, pensar, escribir, compartir e participar.

7 may 2008

Roseira do teu mencer


Nena, neniña,
pequerrechiña,
durme, que xa durmen
o galo e a galiña.
rmete axiña...
Se te non durmes, vén a raposa
que garda o sono dos nenos na fosa;
se te non durmes, vén a martaraña,
que todo sono dos nenos apaña;
se te non durmes, vén a donicela,
que todo o sono dos nenos arela...
Anda, neniña
pequerrechiña,
durme, que xa durme
os años na curtiña
Dúrmete axiña...
Se te non durmes, vén o morcego
manto de crego
vén a curuxa
cara de bruxa,
vén o vencello
pernas de vello,
e os tres á unha, nun Santiamén
voa..., que voa..., que te voarías,
lévanche o sono moi lonxe de aquén.
Anda, neniña, que eu rezo, meu ben,
pra escorrentalos, tres Avemarías
Amén.
Vigo. Coruxo 28-8-49