Ler, pensar, escribir, compartir e participar.

15 nov 2007

Carta ás familias

Neste curso 2007-2008 o noso colexio foi incluido no PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES promovido pola Consellería de Educación .

Grazas a esto recibimos unha dotación económica que nos está permitindo facer unha serie de cambios no equipamento e na ampliación-renovación dos fondos bibliográficos, ademais de promover actividades que incidirán na formación do alumnado e que implican a toda a comunidade escolar.

O proxecto titúlase “ UNHA VIAXE POLO MUNDO…COS LIBROS ”

Ó longo do curso faremos diversas actividades nas que precisaremos da vosa colaboración.

Como inauguración do proxecto os vosos fillos e fillas levarán unha carpeta para que a forredes na casa,. Esta carpeta deberá estar pronto de volta no colexio, xa que nela arquivaremos as actividades da biblioteca.

Para rematar, invitámosvos, a participar connosco nesta actividade. A lectura pode servir para aumentar a colaboración entre as familias e o colexio, o que, sen dúbida, favorecerá o desenrolo académico dos vosos fillos e fillas.

É importante crear un bo clima que favoreza a lectura. Por iso, dende o colexio, queremos buscar a vosa colaboración e implicación e propoñemosvos ler na casa, disfrutar das lecturas cos fillos e fillas, comentalas… Trátase de compartir un pouco do voso tempo.

Un saúdo e BOAS LECTURAS


O EQUIPO DA BIBLIOTECA




NOTA:Ó rematar as obras a biblioteca estará aberta durante o horario lectivo e os martes pola tarde de 4 a 6 para préstamos externos.