Ler, pensar, escribir, compartir e participar.

31 mar 2009










FELIZ ANIVERSARIO!!!

Hoxe ,31 de marzo Juan Farias cumpre 74 anos.
Escritor nado en Serantes (A Coruña), figura clave da Literatura Infantil e Xuvenil.

Na biblio podes atopar os seguintes libros:
La espada de Liuva,
Los mercaderes del diablo,
Os Corredoiras,
O fillo do xardineiro,
Un tiesto lleno de lápices,
Algúns nenos, tres cans e máis cousas,
Cuando Arturo se escapó de casa,
e Desde o corazón da manzá .
Para saber mais deste escritor a Fundación Germán Sánchez Ruipérez publica unha monografía sobre a súa obra literaria. (Preme na imaxe do faro)

30 mar 2009

2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil

Todos os anos, o 2 de abril, IBBY celebra o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL co fin de conmemorar o nacemento de H.C. Andersen. Cada ano é un país o encargado de editar o cartel e a mensaxe dirixido a todos os nenos do mundo.
Para o 2009, o encargao foi Exipto e o autor Hani D. El-Masri.





Concurso 2º trimestre: Música na Escola.
Aquí están os fragmentos musicais que soaron durante este trimestre.
O mércores será o concurso. Haberá preguntas para os tre ciclos.

Estade atent@s.

Sorte !!!!!

A voltas co Inglés!!!!!!
Desde Mesturas a recomendación deste blog. Un bo complemento para as clases de Inglés.



Preme na imaxe e entrarás no blog "hablamejoringles.com".







29 mar 2009

¡Que animalada!
Preme nas figura e verás fantásticos animais.

(Visto en ANB e via Bemboszoo.com)

25 mar 2009

Gañadoras do Certame de Cartas de Amor e de Paz.

Noraboa polo voso traballo: Lidia 1ºB, Sara 2ºB, Sara 3ºA, Antía A. 4ºA, Alba 5ºB e Aída 6ºB.


A entrega de premios será o 3 de abril.
Hoxe soa...







Atención, atención, a partires do martes,31 soará a música para o Concurso Música na Escola do 2º trimestre.
Lembra que nas entradas antigas do blog, podes atopar os carteis das pezas que soaron ao longo deste trimestre.
Sorte!!!!!

19 mar 2009

Exposición:

Arte e alimentación

Dende o 16 de marzo ata o 2 de abril .

Podes visitala nos corredores do colexio.

Ao rematar a visita, podes participar no concurso de "bodegóns" e descricións e deixar a teu traballo na biblioteca antes do 17 de abril.

Anímate a participar!!!!!!!!!!!!!!!!


Web de "Gerónimo Stilton". Preme na imaxe e atoparás información deste personaxe e os seus libros.

18 mar 2009

Campaña de animación á lectura.
CONTARTE
Mes da arte e a literatura Infantil
Concellería de Educación do Concello de Vigo
.




16 mar 2009

Estade moi atentos. Axiña chega o concurso de "Música na escola".
Continuaremos informando.

Esta semana sigue soando...




"Zarzuela" pode significar diferentes cousas. Poderías atopar tres acepcións.
Busca información e deixa as túas respostas na biblio. Non esquezas deixar as túas respostas con nome.

15 mar 2009

CONTARTE

Mes da arte e a literatura infantil.

Obradoiros no colexio o vindeiro 16 de marzo coa editorial OQO.
Soños de teteira. Xogando co surrealismo para 1º e 3º.
Retratarte. Plástica creativa para 4º e 5º.

9 mar 2009


Composta por Jerry Leiber e Mike Stoller, adaptada dun "gospel"
Ten moitas versións : The Staples singers, Ben E, King e outros.
Foi utilizada na banda sonora do film "Cuenta conmigo" e nun "spot" de Levi Jeans.
The temptations publicaban os seus discos na compañía discográfica: "MOTOWN" , especialmente adicada á música negra.

7 mar 2009

Unha "procura do tesouro" do CEIP Andrade -Pontedeume.
Preme na imaxe.



Dende a Biblioteca escolar do CEIP Milladoiro de Malpica esta WEBQUEST.
Preme na imaxe para acceder a webquest.


4 mar 2009


Rosa Caramelo
Autora:
Adela Turín.
Ed. Lumen
Conto com Margarita, protagonista, unha pequena elefanta que non quere ser de cor rosa.

Preme na imaxe para escoitar o conto.