Ler, pensar, escribir, compartir e participar.

21 ene. 2009


Libros en son de Paz.


Podes atopar estes libros na biblioteca. Pregunta por eles. Hai moitos máis...
A partires do luns, 26 estarán expostos na biblioteca.
En "son" de versos pola PAZ

Choven balas
Seres berran
Arden vilas
Queiman leiras
Caen nenos
Chora a terra
Xeme o pobo
Pingas negras
Cicatrices
Dor vermella
Destrución
Chuvia cega
Berros tristes
Dor marela
Choven balas

e miseria
Noite fría
Tristes guerras
Nace o medo
Chora a terra.


Antonio García Teijeiro, Chove nos versos