Ler, pensar, escribir, compartir e participar.

3 abr. 2009

A Asesoría de Bibliotecas de Galicia segue a traballar para facer mais visibles as nosas bibliotecas. Grazas polo voso apoio.

Está a chegar aos centros o CARTEL editado neste inicio do curso 2008/2009 pola Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa (Asesoría de Bibliotecas Escolares), coa finalidade de lembrar a importancia da biblioteca escolar como instrumento necesario e imprescindible ao servizo das aprendizaxes no centro.... de todo tipo de aprendizaxes: a lectura comprensiva de textos diversos en soportes tamén diversos, o uso crítico (e máis ético) de fontes informativas diferentes, a produción de información propia, a elaboración de traballos documentais en función das necesidades xeradas desde as distintas áreas e materias, o ser lector... unha biblioteca que dá servizo a profesorado e alumnado, tamén cando se pode, ao resto da comunidade escolar... unha ferramenta no traballo por competencias que os novos currículos-LOE apoian decididamente.... é dicir, un auténtico servidor central.
O cartel está ilustrado por Manuel Lariño; continúase así unha liña de traballo con debuxantes galegos que se iniciara co programa de fomento da lectura Hora de Ler, no ano 2006, nun intento de potenciar a presenza da ilustración no contexto educativo e procurando a visión destes autores respecto do mundo da lectura e das bibliotecas.