Ler, pensar, escribir, compartir e participar.
Mostrando entradas con la etiqueta Para que les?.Promoción da lectura.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Para que les?.Promoción da lectura.. Mostrar todas las entradas

23 abr 2010




As bibliotecas escolares galegas ferven nestes días con actividades para a posta en valor do libro e da lectura. Todo o ano se traballa para a formación das lectoras e dos lectores, pero nestes días ese traballo toma forma e inunda biblioteca, corredores e aulas. A imaxinación e o coñecemento do profesorado ponse de manifesto en actividades orixinais e ben construídas para fomentar a lectura pero tamén se saben aproveitar iniciativas alleas, sumando vontades para a construción da sociedade lectura, na que tod@s estamos involucrados. Así, máis de cen bibliotecas escolares recolleron a proposta da ONG galega, Implicadas no Desenvolvemento, e están a difundir, mediante unha exposición, as respostas de moitas persoas procedentes de distintos sectores da cultura, á pregunta PARA QUE LES? Nalgúns centros esta proposta se modifica e son os membros da comunidade educativa os que responden esta cuestión. O obxectivo comun: a difusión da experiencia lectora. Hai noticia desta exposición en moitos dos blogs das bibliotecas escolares galegas (PRIMARIA - SECUNDARIA). Unha visita a estes espazos virtuais pode dar unha idea da inmenso movemento a favor da lectura que se está a producir nos centros de ensino galegos.
Visto en Bibliotecas Escolares.