Ler, pensar, escribir, compartir e participar.

19 dic 2008

Concursos:

Gañadores do concurso "Música na escola"

Jessica Dios Fernández 2ºA
Marcos Cabezas Barreiro 3ºA
Iván Figueroa Refojos 6ºB

18 dic 2008


Sara (1ºA), Miguel (1ºB), Diego (2ºA), Nerea (2ºB), Iago (3ºA), Uxía (4ºA),
Lucía (5ºA),
Nerea (5ºB), Andrea (6ºA), Aida (6ºB) son os gañadores do concurso de receitas.
Noraboa!!!

17 dic 2008

As historias son agasallo.



Xa están ... Estas son algunhas suxestións para este Nadal, podedes engadir estes e outros libros a vosa carta aos Reis Magos. Á volta das vacacións exporánse nos corredores do cole para que todos tiñamos a oportunidade de ollar os libros que vos deixaron os Reis nos zapatos.

15 dic 2008

Contos en plástilina.


Animacón en plástilina, baseada nun relato de Castelao. Nun porto do norte de Europa. Encóntranse un mariñeiro que fala inglés e con outro que fala francés. Ambos beben xuntos, e ...

FLOCOS.TV (O cineclube do audiovisualgalega)

(Via O Recanto de Mik)

13 dic 2008

LITERAPIA. OUTRA FORMA DE CURAR.



LITERAPIA. Iniciativa que consiste en utilizar a literatura como elemento terapéutico cos pacientes nos hospitales.
Filólogos, historiadores,escritores, médicos ...xuntos na Fundación do Policlínico A Rosaleda levan a cabo esta experiencia.


Para saber máis, Caixanoxa axuda a financiar estas actividades.
(Via bemilladoiro.blogspot.com)

O heavy bibliotecario.

Outra forma de animar a ler.

10 dic 2008

Repaso e concurso. A música na escola.

Esta semana, o xoves e o venres, escoitaremos a peza musical elexida para o concurso.
Estade atentos, "poñer a orella " e moita sorte.
Aquí déixovos as preguntas. Hai para os tres ciclos.
Os vosos titores e titoras teñen as papeletas. Cubrilas coas respostas correctas e entregalas antes do venres ás 12.
Anímadevos a participar.
Os gañadores recibirán os seus agasallos o día 19 de decembro.
A escoitar!!!!!

1ºciclo




2º ciclo

3º ciclo

8 dic 2008

Os libros non se comen, pero alimentan.

Podes visitar a exposición "Os libros non se comen pero...alimentan"
no corredor do primeiro andar do colexio (ao lado de Infórmatica). É unha selección de libros vistos na Fundación Germán Sánchez Ruipérez , Seminario de Biblioteca e literatura Infantil do CEIP Miguel Servet- Fraga (Huesca) e en SOL. (Servicio de Orientación de Lectura).
Hai unha ficha que podedes utilizar cando visitedes a exposición. Será máis doado .... Falar cos titores.




5 dic 2008

Máis Constitución.

Preme no debuxo e saberás máis da Constitución.
(Via Recursos para nuestra aula)

A Constitución cumpre 30 anos.


Preme na imaxe e poderás xogar.

1 dic 2008

Aida de Verdi




Esta semana escoitamos OPERA, o autor é VERDI e a interprete MARIA CALLAS.
(Preme nas palabras que están en maiúsculas e saberás mais...)

27 nov 2008

RULETA DAS PALABRAS



(Via O Recanto de Mik e ANB)

Axudantes de biblioteca















Os rapaces e as rapazas de 6ºA e 6ºB axudan nas tarefas da biblioteca: ordenan os libros, fan o préstamo, orientan aos mais pequenos. Grazas a tod@s pola vosa colaboración.




25 nov 2008

Hora de ler: Feliz "cumpremeses".

BubbleShare: Share photos - Craft Ideas

A Hora de Ler xa cumple dous meses no CEP Igrexa-Valadares. Son vinte minutos diarios de lectura en silencio, lectura e silencio, un encontro coa lectura, libros e silencio, todo o alumnado e todo o profesorado compartindo a mesma actividade a LECTURA. Parabéns.

Fina Casalderrey escribe sobre a "violencia de xénero"



"Xela volveuse vampira" de Fina Casalderrey publicado por Baía Edicións dentro da colección Contos para igualdade.
Xela é a mellor mestra do mundo! Mais semella unha morta vivente de ollos violeta que pousan acotío no chan. Estarase a volver vampira? Breixo tentará descubrilo. Xela coa axuda dos seus alumnos sairá dunha situación moi dura.
25 de novembro "Día contra a violencia de xénero"

24 nov 2008

Opera no cole.


Xa levamos cinco semanas escoitando música na entrada e na saída das clases.
Esta semana escoitaremos unha muller, Victoria de los Ángeles, cantando opera.
Antes das vacacións de Nadal, haberá un concurso con preguntas dunha das pezas escoitadas durante estos dous meses.

Os gañadores (un por cada ciclo) recibirán un CD de agasallo.
Estade moi atentos.
Todas as audicións están no blog. Só tes que consultar as entradas deste mes de novembro e do vindeiro mes de decembro.
Escoita e busca información.

14 nov 2008

Hoxe imos de Magosto ao Monte dos Pozos





Co bo tempo subiremos ao monte para facer o tradicional magosto que celebramos todos os anos. Sairemos ás 10, andando, cando cheguemos, xogaremos e os grandullóns axudarán a facer unha fogueira para asar as castañas. Continuaremos cos xogos e comeremos as castañas ben quentiñas. Ao final da mañán baixaremos, lixeiros de volta ao cole.
Pasarémolo moi ben!!!!!

Este curso temos un proxecto na biblioteca co título: "Para medrar pon libros na túa dieta", xunto cos libros traballamos a alimentación e unha dieta saudabel.
A castaña é un bó alimento con moitas propiedades, así que ESCRIBIDE unha receita con castañas como ingrediente principal e deixala na biblioteca antes do 28 de novembro. Vale?

Preme en castaña e obterás mais información.

31 oct 2008

24 oct 2008

O día das bibliotecas,abrimos a nosa biblioteca

Día da Biblioteca.Feliz Aniversario.


Texto de Agustín Fernández Paz.
Ilustrado por Xosé Cobas.

ABRE AS PORTAS e entra.Entra neste espazo que agarda por ti, neste ámbito onde cada palabra é un don que recibimos como agasallo...deixate levar polo río de recendos que anuncia os tesouros da biblioteca...
ONDE HAI UNHA BIBLIOTECA HAI UNHA LUZ.

23 oct 2008

Noraboa: Agustín!!!


Hoxe conecimos a noticia da concesión do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2008 a Agustín Fernández Paz, pola súa novela "O único que queda é o amor" publicada por Xerais.

Son historias de amor que unen a vida dos personaxes do libro: Diana, Sara, Pablo, Laura, Adrián,...todos se namoran e descubren que o amor é un sentimento poderosísimo.

Gústache o tema?
Búscao na biblio.
A partires do luns comenza o préstamo de libros na biblioteca escolar.
Anímate e le.

21 oct 2008

Faltan dous días para abrir a biblioteca


Próximamente mais novas. Segue conectado... Haberá moitas sorpresas.

20 oct 2008

I Mes Internacional da biblioteca escolar


O comité executivo da IASL aprobou o cambio do "Día Internacional da biblioteca escolar" polo "Mes Internacional da biblioteca escolar" pasando a celebración ao mes de outubro de cada ano. Este cambio permitirá aos responsables das bibliotecas escolares de todo o mundo, elexir o día de outubro que se adapte mellor as súas necesidades. O lema escollido para este ano é

"A alfabetización e a aprendizaxe na biblioteca escolar".
A comer!
Metodo Estivill para ensinar a comer.
Montse Doménech.
Ed. Plaza y Janés. Barcelona 2004.
O obxectivo é que o nen@ teña unha actitude positiva ante a comida...

19 oct 2008

16 oct 2008

Fritolimpio


Que fago co aceite despóis de fritir?
Non o tires polo inodoro, nin polo fregadeiro...
Fritolimpio pode ser unha solución...

15 oct 2008

"Para medrar pon libros na túa dieta"

16 outubro
Día Internacional da Alimentación.
Só un dato... con parte dos cartos que se darán aos bancos que están en crise, poderíanse alimentar a todos os cativos e as cativas que pasan fame no mundo. É unha reflexión, sen mais.


Unha selección de libros sobre alimentación.

9 sept 2008

Faltan 2 días para o comenzo das clases


Ola a tod@s!

Xa estamos de novo aquí. Coas "pilas" recargadas despois do verán e con moitas gañas de traballar!!!

Estes días preparamos a biblioteca para gozar dela ao longo do curso.

Vémonos o xoves!

18 jun 2008

"Leóns" de verán.




Libros


para ler en bañador,


o sol,


baixo un parasol,


no campo, en compañía,


só,...


Como te pete.


Disfrútaos e Felices Vacacións!!!


Ata setembro.




17 jun 2008

Mellores lectores 07/08.

Parabéns para:
Mª del Carmen Comesaña Núñez, Sara Ruibal Piñeiro, Paula Freiría Monroy de 2ºA e
Iago Oitabén Fraga de 2ºA.

5 jun 2008

5 de xuño, Día do Medio Ambiente.


IES Río Cabe (Monforte)
Autora: Beatriz González López

4 jun 2008

Visita de Fina

Fina Casalderrey estivo coñecendo a "nova" biblio que leva o seu nome. Grazas, Fina.

Para @s fill@s dos teus fill@s

Cambiar o mundo, sí é posible.

E, por que non?

Eles e elas poderán...





Novo anuncio da Eléctrica ENDESA

2 jun 2008

E a gañadora é ...




Entre todos os folletos entregados do Concurso das Letras Galegas 2008, convocado pola biblioteca, coas respostas acertadas e co debuxo mais relacionado co poema; resultou gañadora MARÍA RODRÍGUEZ de 3ºB. Noraboa
E ao resto dos participantes felicitacións e parabens.