Ler, pensar, escribir, compartir e participar.

31 oct. 2008

24 oct. 2008

O día das bibliotecas,abrimos a nosa biblioteca

Día da Biblioteca.Feliz Aniversario.


Texto de Agustín Fernández Paz.
Ilustrado por Xosé Cobas.

ABRE AS PORTAS e entra.Entra neste espazo que agarda por ti, neste ámbito onde cada palabra é un don que recibimos como agasallo...deixate levar polo río de recendos que anuncia os tesouros da biblioteca...
ONDE HAI UNHA BIBLIOTECA HAI UNHA LUZ.

23 oct. 2008

Noraboa: Agustín!!!


Hoxe conecimos a noticia da concesión do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2008 a Agustín Fernández Paz, pola súa novela "O único que queda é o amor" publicada por Xerais.

Son historias de amor que unen a vida dos personaxes do libro: Diana, Sara, Pablo, Laura, Adrián,...todos se namoran e descubren que o amor é un sentimento poderosísimo.

Gústache o tema?
Búscao na biblio.
A partires do luns comenza o préstamo de libros na biblioteca escolar.
Anímate e le.

21 oct. 2008

Faltan dous días para abrir a biblioteca


Próximamente mais novas. Segue conectado... Haberá moitas sorpresas.

20 oct. 2008

I Mes Internacional da biblioteca escolar


O comité executivo da IASL aprobou o cambio do "Día Internacional da biblioteca escolar" polo "Mes Internacional da biblioteca escolar" pasando a celebración ao mes de outubro de cada ano. Este cambio permitirá aos responsables das bibliotecas escolares de todo o mundo, elexir o día de outubro que se adapte mellor as súas necesidades. O lema escollido para este ano é

"A alfabetización e a aprendizaxe na biblioteca escolar".
A comer!
Metodo Estivill para ensinar a comer.
Montse Doménech.
Ed. Plaza y Janés. Barcelona 2004.
O obxectivo é que o nen@ teña unha actitude positiva ante a comida...

19 oct. 2008

16 oct. 2008

Fritolimpio


Que fago co aceite despóis de fritir?
Non o tires polo inodoro, nin polo fregadeiro...
Fritolimpio pode ser unha solución...

15 oct. 2008

"Para medrar pon libros na túa dieta"

16 outubro
Día Internacional da Alimentación.
Só un dato... con parte dos cartos que se darán aos bancos que están en crise, poderíanse alimentar a todos os cativos e as cativas que pasan fame no mundo. É unha reflexión, sen mais.


Unha selección de libros sobre alimentación.