Ler, pensar, escribir, compartir e participar.

21 dic 2009

Nadal: As nosas tradicións




PREME na imaxe para saber máis...

O Apalpador” é un xigante, carboneiro de profesión, que ao chegar o Nadal visita as aldeas lucenses para “apalpar” as barrigas dos nenos e nenas. Comproba se están debidamente alimentados e deixalles algunhas castañas quentes, non sen desexarlles que non pasasen fame durante o ano seguinte.Este ano publicouse o conto titulado "Antón e o Apalpador", unha obra de Manuel Castro e Mar Ameixeiras, e ilustrada por Francisco Ameixeiras. Conta a historia de Antón, un neno que viaxa ao Courel para pasar as vacacións coa súa madriña. Tamén contén seis páxinas de xogos por se queredes coñecer máis cousas sobre o Apalpador...