Ler, pensar, escribir, compartir e participar.
Mostrando entradas con la etiqueta poesía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta poesía. Mostrar todas las entradas

18 mar 2011

Poesía para os máis pequenos.

O meu gato é un poeta é un libro que pretende transmitir a poesía dun xeito lúdico, divertido e, sobre todo, accesible para os lectores e lectoras. Está ideado coma se fose un xogo ou un obradoiro. O meu gato é un poeta bota man da fusión de xéneros literarios a través da reflexión, da poesía visual, dos xogos de palabras, da interacción, dos caligramas, da narración, da música, das novas tecnoloxías para conseguir unha proposta poética fresca e divertida. O libro vai acompañado dun CD que enriquece o texto grazas á mestura de distintas artes e amplia ante os lectores a súa visión da poesía, permitíndolles abordar novas dimensións e agrandando a súa percepción sensorial. A música das seis cancións do CD é de Xurxo Souto. O meu gato é un poeta conta tamén con web propia www.gatopoeta.net. Nesta páxina o lector poderá atopar máis poemas, información sobre o libro e o disco, xogos, mp3 coa voz do autor recitando, cuestionarios con respostas…

17 abr 2008

Abril, mes dos libros: Razóns para ler (6)

Hoxe os participantes na actividade convocada pola la biblioteca o día da Poesía, 21 de marzo recibiron un agasallo polo seu traballo. Noraboa! Aida, Estela, Brais e Iago.
Ánimo e seguide traballando, estades no bo camiño.

9 abr 2008

Tamén escribimos...poesía


Esta poesía é de Aida de 5ºB. Gústalle moito escribir e ler.
Aquí deixounos unha poesía para que a podamos disfrutar.
Conta como podemos viaxar cos libros, un campo florido, outro país...
Le e viaxarás como Aida.