Ler, pensar, escribir, compartir e participar.

4 jun. 2012

Visitounos Fina Casalderrey

O día 30 de abril visitounos FINA CASALDERREY, a nosa escritora máis querida.
Estivo co alumnado de 2º, 3º e 5º. Faloulle das súas experiencias persoais, que son a fonte de inspiración das historias que escribe. Foi moi enriquecedor e divertido.
Ao rematar, firmoulle os libros que leran.