Ler, pensar, escribir, compartir e participar.

25 nov 2011

EXPOSICIÓN XOGOS OLÍMPICOS

O martes, día 29 de novembro, inauguramos a exposición sobre os Xogos Olímpicos antigos.
 A Biblioteca programaou para o presente curso unha serie de actividades que baixo o título " A LECTURA, DEPORTE DE AVENTURA" pretende relacionar a lectura coas olimpiadas, tendo en conta que o ano 2012 é ano olímpico e que será Londrés donde se celebren.
Neste primeiro trimestre, o alumnado traballou as olimpiadas na antiga Grecia.
Para rematalo, montamos unha exposición no Salón de actos cos traballos feitos polo alumnado: debuxos, pequenos libros, vídeos, murais, etc.
Esta exposición estará aberta, en horario lectivo, ata o 12 de decembro.
Nos próximo trimestres montaremos novas exposicións sobre o mesmo tema.


  Fotos da exposición
 

7 jun 2011

A INSOPORTABLE LEVEDADE DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS


Ante a previsible retirada de formadores específicos no ámbito das bibliotecas escolares no Servizo de Formación do Profesorado, no Centro Autonómico de Formación e Innovación e nos centros de formación e recursos dependentes da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, segundo o borrador da orde que convocará concurso público de méritos para cubrir postos de persoas directoras e asesoras nestes centros queremos manifestar o seguinte:

Hai proxectos que nacen marcados pola vulnerabilidade e a razón desta circunstancia non ten nada que ver coa falta de rigor ou a pouca entrega das persoas que os poñen en marcha. Máis ben ten que ver co feito de que nacen destinados a nadar contra corrente. Con todo, esa é a principal razón da súa existencia: xorden porque responden a unha necesidade non satisfeita pero compartida por un número crecente de persoas que senten que é posible compartir e facer viable o proxecto xuntos. Así naceu o movemento que cristalizou na iniciativa que todos coñecemos como PLAMBE. De xeito que dende hai algúns anos, esa iniciativa levou o mellor da creatividade e o esforzo de moitos docentes que xenerosamente regalaron o seu tempo e a súa capacidade de formar equipos e ilusionar a outros docentes en centros e centros de toda a nosa comunidade. Xuntos aprendemos a ser rigorosos e esixentes nos nosos proxectos, a crear espazos de aprendizaxe colaborativo, de cambios de estratexia, de achegamento ás novas tecnoloxías, de racionalización na xestión da información. Que ninguén se equivoque: os responsables das bibliotecas escolares non son seres evanescentes perdidos en vanas quimeras que tentan “roubar” horas a materias “importantes” para que o alumnado esmoreza entre mundos de ficción. Nada máis lonxe da realidade. Nun centro onde hai un equipo que xestiona a biblioteca de forma eficaz nótase. Os fondos adquírense con criterio, establécense acordos para xestionar a información, créanse espazos de colaboración e docencia compartida. Non é doado porque a maquinaria educativa ten unhas inercias difíciles de combater. A pesar de todo, estes docentes fórmanse e exercen a súa dura misión en horas non retribuídas, roubadas ás súas familias, ao descanso, ao lecer. Fomos coordinados con rigor e seriedade pola Asesoría de Bibliotecas Escolares pero sempre nos faltou o marco legal axeitado. A nosa misión é dura porque queda moito por definir. Na nosa inxenuidade e boa fe esperabamos conseguir progresivamente tempos e formación para seguir mellorando na nosa función se demostrabamos que eramos rigorosos e eficaces. Os nosos méritos como colectivo son dabondo coñecidos polos nosos gobernantes e acreditados por diferentes administracións e ámbitos a nivel estatal. Os numerosos e constantes premios anuais de boas prácticas concedidos polo Ministerio de Educación y Ciencia non caeron do ceo. Durante todos estes anos a formación recibida foi fundamental para levar a cabo actuacións rigorosas e enfocadas na dirección correcta.
Sabemos das cuantiosas axudas que a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, destina a outros proxectos, dos incentivos para a elaboración de contidos dixitais por parte das empresas editoriais, entre outras iniciativas. Non sería tamén interesante fomentar a produción de materiais propios e promover desde cada centro a estandarización de procedementos que axuden a xestionar a información entre o noso alumnado sen confiar todo a eses materiais externos que proceden da industria editorial, por valiosos que poidan ser? Por que non seguir aproveitando a experiencia e valía dos equipos das bibliotecas escolares nestes cometidos?. O noso empeño sempre foi crear nos centros pequenos focos que tentan estender esas boas prácticas de innovación e excelencia. Non entendemos este novo e repentino xiro na política de formación desta Dirección Xeral. Non nos parece xusto posto que, podemos dicir honestamente que, pola nosa banda, cumprimos con fartura. Ao desmantelar as estruturas que nos sosteñen o deterioro será proporcional ao entusiasmo e o esforzo investidos: inmenso e imparable. Algúns lembramos como o noso Conselleiro lanzou un bico ao aire ao despedirse dos asistentes aos últimos encontros despois dunhas entusiastas palabras de eloxio polos éxitos logrados polas bibliotecas escolares galegas a nivel estatal. Onde quedou ese entusiamo? Que interpretación debemos facer? O noso país pode permitirse tirar pola borda todo este traballo? E nós?. En que situación quedaremos agora diante das nosas comunidades educativas se despois de tanta insistencia é a propia Consellería a que nos invisibiliza?.


Colectivo dos equipos das bibliotecas escolares integradas no PLAMBE (Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares Galegas)

26 may 2011

Manuel Janeiro visitou a biblioteca.


  

Entre Lecturas




Este vídeo promocional  da Fundación Germán Sánchez Ruipérez, no que se presenta o canal de You Tube para expresar  formas de entender a lectura: entre textos e imáxenes, entre teclados e pantallas, bafles, bambalinas, lenzos e tubos de ensaio. Nova  iniciativa para seguir texendo redes entre todos para crecer xuntos e abrir as portas a novos espazos compartidos por todos.

18 may 2011

Premiados 2º trimestre.

O pasado venres, na biblioteca, os premiados polos concursos convocados pola biblioteca recibiron os seus agasallos. 
PARABÉNS a todos e  todas.

6 may 2011

Letras Galegas 2011: Lois Pereiro





A cordinadora Galega dos Equipos de Normalización Lingüística elaborou esta páxina para traballar a vida e a obra de Lois Pereiro. Preme no nome do poeta.

2 may 2011

Abril: Un mes moi especial

Como ben sabedes no mes de abril conmemoramos dúas datas moi especiais: 2 de abril (o nacemento de Andersen ) e 23 de abril: DÍA DO LIBRO  (o pasamento de Cervantes, Shakespeare e Garcilaso de la Vega).
No colexio tivemos moitas actividades:Exposición de cine, Contarte, Visita de autores, Maratón de Lectura, Madriñas e padriños lectores e recomendacións de libros.




 

19 abr 2011

23 de abril

"Los libros encarnan la capacidad humana de suscitar mundos reales e imaginarios y ponerlos en palabras. Son las mejores voces de la tolerancia y las señales más claras de esperanza. Los libros son los pilares de sociedades libres y abiertas."
Irina Bokova 

Libros relacionados (Preme aquí)


  

15 abr 2011

Abril: Encontros con escritores




Nata y chocolate: Una novela sobre el acoso escolar
Sonia es una niña callada, triste y solitaria. La razón es que sus compañeros se meten con ella por ser albina; Lola incluso le obliga a hacerle los deberes. Nadie parece darse cuenta de esta situación hasta que una nueva profesora llega al centro y decide cambiar la situación que vive Sonia.

Para saber más ......

4 abr 2011

Contarte

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This photo slideshow generated with Smilebox






O conto existiu desde o principio dos tempos, para facerlle fronte ao frío, ao medo; naceu da palabra, do xesto, da voz...As historias viaxaron polo aire miles de quilómetros, creceron, cambiaron, mesturáronse..Contos necesarios, presentes en todas as épocas, todos os lugares e todas as sociedades..

2 abr 2011

A biblioteca presenta a... Violeta Monreal en

2 abril: Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.

Todos os anos, desde 1965, o International Board on Books for Young People (IBBY), no que están integrados máis de 70 países entre eles España, promove a celebración do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFLANTIL, para conmemorar a data de nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen e fomentar a lectura entre os nenos e nenas.
Cartel anunciador.

Cada ano un país membro de dita Organización Internacional encárgase de seleccionar a un escritor e a un ilustrador para realizar a mensaxe e o cartel que se dirixe a todos os nenos do mundo. Este ano correspóndelle á sección de Estonia, que enviou o cartel de Jüri Mildeberg e a mensaxe de Aino Pervik.
A Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil (OEPLI), a través das súas catro seccións: Consejo General del Libro, ClijCat, Gálix e Galtzagorri, e coa colaboración e o patrocinio da Dirección Xeral do Libro, Arquivos e Bibliotecas, do Ministerio de Cultura, promove, a escala nacional, a celebración do citado Día e convida especialmente a bibliotecas e librarías a que se unan á conmemoración.

Os autores

Aino Pervik é unha das escritoras de literatura infantil e xuvenil máis influíntes da actual Estonia. Nacida no 1932, está graduada pola University of Tartu cunha especialización en linguas Finno-Ugric. Escritora profesional desde 1967, escribiu 47 libros para nenos, así como prosa e poesía para adultos. As súas obras foron traducidas ao inglés, alemán, xaponés, lituano, ruso e outras linguas, e en varias ocasións para o teatro e adaptacións para a gran pantalla.
Gañou importantes premios, entre eles; o Premio Nacional en tres ocasións; J. Oro Premio de literatura infantil; e o seu libro Paula ópib emakeelt (Paula aprende a súa lingua materna, 2002) incluíuse na la Lista de Honra IBBY 2004. No 2001, foi galardoada coa Orden da Estrela Branca 5º clase da República de Estonia.

Jüri Mildeberg (tamén coñecido polo seu Mildebergius) naceu en Tallin no 1965. Comezou a súa carreira como pintor e artista gráfico e todos os anos expón en solitario en diferentes lugares do mundo. A súa primeira experiencia no campo da ilustración foi Canterville´i lossi vaim (A pantasma de Canterville, 1991) de Oscar Wilde, pero el non comezou ilustrando libros con regularidade ata 1999.
O traballo de Mildeberg foi recoñecido con premios incluíndo dous títulos da Trienal Internacional de Tallin Ilustración "Poder das imaxes" no 2003, e Certificados de Mérito nas competicións de Estonia para os 25 mellores libros deseñados e os 5 mellores deseños de libros infantís para 1999, 2005, 2006 e 2008. Foi incluído na Lista de Honra do IBBY de 2008 polas súas ilustracións para Ruttu tuttu!.

30 mar 2011

Palabras de Fina.

A LECTURA COMO ESPAZO PRIVADO: POR FINA CASALDERREY


“Se se sementan ben, nunca as palabras de amor esquecen de todo nin nos corazóns máis bravos.” (Cabalo de ouros, Víctor Freixanes)

Para explicar a maxia que o acto de ler entraña ao meu ver, pedinlle aos trasgos que me conducisen, non ao momento no que aprendín a descifrar un código escrito, senón a cando —aínda preadolescente— houben de ler para outra persoa sen ser de todo consciente do privilexio do que gozaba.

Había en Lérez, a carón da miña casa, unha velliña que podía ler nos píos dos paxaros, nas cores das uvas, nas miradas, nos silencios, no respirar da xente, no cristal das augas, na ladaíña da brisa, nos latexos da luz, nos magnolios, nas tatuaxes do tempo, nas melancolías..., pero non sabía descodificar palabras escritas. A señora Aurora chamábame cada vez que recibía carta do seu fillo. Antes de a ler, as dúas descoñeciamos o que dicía; era coma se, xuntas, fósemos exploradoras na procura de algo que estaba a piques de ser, pero que aínda non era. Eu ignoraba que ler para outros tiña unha historia máis longa e viaxeira e que, en moitos lugares, mesmo chegara a ser unha institución. Xa Plinio o Novo mencionaba nas súas cartas o momento no que, na hora do xantar e na compaña da súa familia, pedía que lles lesen en voz alta; daquela o libro viraba nun talismán.

A señora Aurora sentaba nunha vella cadeira de madeira e eu na súa cama, sobre unha colcha, que uns días aparecía cuns faisáns da cor do ouro nun estanque morado, e outros, eran os faisáns quen se volvían morados e o estanque da cor do ouro. Cheiraba a mazás, a leña, a cirio, a estampas dos santos que recortaba dos calendarios e que poboaban as paredes. Sacaba do seo a carta, entregábama nun rito secreto e, cal navío nunha tempestade de tenrura, agardaba ancorada naquel porto a que eu comezase coa lectura. Eu era a súa inocente —e inconsciente— confidente oficial.

Vestía a miña voz con toda a solemnidade de que era capaz para transcribir aquela letra bicuda en palabras, algunhas delas continuaban a gardar algúns segredos para min. Eran cartas que principiaban falando de saúde, continuaban coma un diario de abordo que recollese todo o que ía acontecendo nun tempo de travesías e de ausencias para remataren con saúdos ata para a veciñanza. Polo rabo do ollo observaba o rostro da señora Aurora: agromaba un sorriso, unha bágoa... Nada máis rematar, pedíame que lla repetise unha vez, e outra vez, e outra máis... Logo entregáballa, marchaba e ela permanecía hipnotizada, coa mirada prendida naquel papel raiado cunha paz de seda, lendo sen saber ler; a soas con aquela canción que o seu fillo escribira para ela, sen intermediarios, nunha liberdade máis íntima.


Visto e lido en " O BLOG DE GÁLIX"

22 mar 2011

20 mar 2011

CDU en imaxes.

Na biblioteca do IES Fontem Albei da Fonsagrada fixeron este estupendo vídeo dirixido á formación de usuarios, que dá conta das posibilidades que ofrece a biblioteca e da súa súa clasificación e catalogación por materias. Un xeito didáctico, lúdico e festivo de explicar a C.D.U. coa implicación de toda a comunidade educativa do centro.

Exposición da Semana da Prensa.

18 mar 2011

Poesía para os máis pequenos.

O meu gato é un poeta é un libro que pretende transmitir a poesía dun xeito lúdico, divertido e, sobre todo, accesible para os lectores e lectoras. Está ideado coma se fose un xogo ou un obradoiro. O meu gato é un poeta bota man da fusión de xéneros literarios a través da reflexión, da poesía visual, dos xogos de palabras, da interacción, dos caligramas, da narración, da música, das novas tecnoloxías para conseguir unha proposta poética fresca e divertida. O libro vai acompañado dun CD que enriquece o texto grazas á mestura de distintas artes e amplia ante os lectores a súa visión da poesía, permitíndolles abordar novas dimensións e agrandando a súa percepción sensorial. A música das seis cancións do CD é de Xurxo Souto. O meu gato é un poeta conta tamén con web propia www.gatopoeta.net. Nesta páxina o lector poderá atopar máis poemas, información sobre o libro e o disco, xogos, mp3 coa voz do autor recitando, cuestionarios con respostas…

Máis concursos: Caracterización de Rapocha, a mascota da biblioteca.

RELACIÓN DE GAÑADORES DO CONCURSO
“CARACTERIZACIÓN RAPOCHÁ                                  

1º CICLO

1º PREMIO
FRAN      2ºB
2º PREMIO
LARA      2ºB
3º PREMIO
ABIGAIL 1ºA
                                         

                                           
2º CICLO

1ºPREMIO
MANUEL  4º A
2º PREMIO
NOA         3ºA
3º PREMIO
NOELIA    3ºA


                                           3º CICLO

1º PREMIO
MARCOS   5º
2º PREMIO
XIANA      6ºB
3º PREMIO
FÁTIMA    6ºB

Relación de gañadores dos concursos do 2º Trimestre: Cartas de Amor e Paz


RELACIÓN  GAÑADORES
CONCURSO
CARTAS DE AMOR E PAZ



1º CICLO
1º PREMIO
Roi       2ºB
2º PREMIO
María      2ºA
3º PREMIO
Eva       1ºB


2º CICLO
1º PREMIO
Olga Herbello      4ºB
2º PREMIO
Manuel Alonso     4ºA
3º PREMIO
Noel Rodríguez     4ºB


3º CICLO

1º PREMIO
Silvia      6ºB
2º PREMIO
Marcos     
3º PREMIO
Iago      

21 feb 2011

Recreos de cine e de conto.

Durante os martes e os xoves do mes de febreiro e algúns de marzo,  a biblioteca transformóuse nun lugar onde... se pode escoitar un conto, vendo as ilustracións nunha gran pantalla ou nun patio de butacas, para ver unha película.
A biblioteca é un espazo de encontro no que podemos realizar moitas actividades. Esto só é un exemplo de todo o que se pode facer.



14 feb 2011

Poemas pola Paz


O alumnado de 6º traballou poemas co tema da Paz na asignatura de Cidadanía.

1 feb 2011

Traballamos a CDU cum LIM



Grazas a Lupe e a Luz do CEP do Fleming por compartir o seu traballo cos rapaces de Valadares.

31 ene 2011

30 de xaneiro: Día Escolar da Paz e a non violencia.

O 31 celebramos o Dia Escolar pola Paz e a Non Violencia cun acto cheo de simbolismo e ledicia no que particiou todo o alumnado do centro. Ás 11.45 da mañá reunímonos para filmar a nosa película pola PAZ.
Os rapaces do colexio traballaron nas aulas, valores e pensamentos  para que cada día se acheguen  un pouco máis a PAZ.

Esta montaxe amosa o traballo do alumnado estes dias.


25 ene 2011

Cine pola PAZ II. " CUANDO EL VIENTO SOPLA"


 O 26 de abril de 1986 foi o maior desastre nuclear da historia en Chernobyl , o mesmo ano, Jimmy T.Murakami estreou "Cando o vento sopra", en banda deseñada e amosa que se poden facer bos filmes para adultos neste formato. É un chamamento contra a bomba atómica e a guerra nuclear.

 A historia nos presenta a dous xubilados en Gran Bretaña (pero podía ser en calquera lugar do mundo), cando é atacada cunha bomba atómica.  A parella cre cegamente no seu goberno e segue os pasos que son aconsellados nestes casos.
 Trátase dun xeito moi suave e conmovedor un drama moi real, é unha critica ao goberno e presenta un progreso pesimista e grotesco.
 Está lonxe de mostrar o horror da guerra, levanos  ao amor entre dúas persoas e as súas reaccións ante o fin das súas vidas.
Como nota curiosa, que David Bowie participou parte da banda sonora.





Extracto del film Cuando el viento sopla from dec on Vimeo.

24 ene 2011

Cine pola PAZ

Un amigo diferente


Años 50: años de la guerra fría. En el pueblecito de Rockwell (Maine) vive Annie Hughes, madre soltera, que trabaja en una cafetería. Su hijo Hogarth, de 9 años, es un chaval muy activo y de imaginación desbordante: le encantan los cómics y las pelis de ciencia ficcion de serie B, más si hay en ellos marcianos y seres extraterrestres; su superhéroe favorito es Superman. Una noche se topa en el bosque con un enorme hombre de metal: su primera reacción es huir despavorido, pero cuando ve que el robot está en apuros -a punto está de electrocutarse-, le salva. A partir de ahí nace una curiosa amistad.

Originalísimo film de animación el que nos sirve Brad Bird, inspirándose en un libro infantil del británico Ted Hugues. Por un lado sabe alejarse de los cánones de los dibujos de Disney, también en la historia, lo que le da una indudable personalidad. Hay lugar para el amor y los buenos sentimientos -la amistad entre el niño y el gigante de hierro, la preocupación mutua entre madre e hijo, el espíritu de sacrificio, la valentía, la posibilidad de cambiar a mejor...-, y a la vez se hace hueco, con acierto, el humor. La excusa principal para las risas la constituye el personaje del villano, un paranoico agente del gobierno que piensa, en plena guerra fría, que el robot puede ser un arma secreta de los rusos ("y si no lo es, hay que destruirlo igualmente, porque no es americano, y eso es razón suficiente", asegura de un modo delirante).
Uno de los grandes atractivos de la película es el robot: sus creadores lo concibieron como máquina de matar, pero la amistad con Hogarth y una curiosa "amnesia", le hacen replantearse las cosas. El diseño del personaje es atractivo, porque combina el saber mostrar sus increíbles poderes, con un aire de ingenuidad, de cierta inocencia.

23 ene 2011

El Peso de la Nada
                                                              
Dime: ¿ cuánto pesa un copo de nieve? 

Dime cuánto pesa un copo de nieve, preguntó un gorrión a una paloma.

Nada de nada, le contestó.

Entonces debo contarte algo maravilloso, dijo el gorrión:

Estaba yo posado en la rama de un abeto, cerca de su tronco, cuando empezó a nevar. No era una fuerte nevada ni una ventisca furibunda. Nada de eso.

Nevaba como si fuera un sueño, sin nada de violencia. Y como yo no tenía nada mejor que hacer, me puse a contar los copos de nieve que se iban asentando sobre los tallitos de la rama en la que yo estaba. Los copos fueron exactamente 3.741.952. Al caer el siguiente copo de nieve sobre la rama que, como tú dices, pesaba nada de nada, la rama se quebró.

Dicho esto, el gorrión se alejó volando.

Y la paloma, toda una autoridad en la materia desde la época de Noé, quedó cavilando sobre lo que el gorrión le contara y al final se dijo:

Tal vez esté faltando la voz de una sola persona para que en este mundo tenga lugar la PAZ.


Visto en http://www.doslourdes.net/PAZindex.htm

La ovejita que vino a cenar.






2 ene 2011

Literatura infantil na tele.


 Monográfico sobre literatura infantil.
Preme na imaxe do programa "Página 2" para ver o video.