Mercedes Peón é unha cantante e instrumentista galega. Fíxose moi popular como presentadora do programa de entretenimento Luar (TVG) no que traballou mostrando as súas investigacións de máis de 10 anos percorrendo as aldeas galegas na busca da tradición oral e as músicas máis ancestrais. As súas primeiras gravacións foron colaboración con outros artistas galegos como Xosé Manuel Budiño, Os Diplomáticos de Monte-Alto ou co antigo grupo de Manu Chao, Mano Negra. Nesta altura formou o grupo Ajrú, co que únicamente gravaría uns temas recollidos no compilatorio Naciones Celtas II. Probablemente o seu tema máis popular sexa o tema principal da serie Mareas vivas (TVG).
Mercedes Peón participou en dúas edicións do Festival de Ortigueira, nos anos 2002 e 2007.
Grazas, Elvira do CEIP A Doblada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario