Ler, pensar, escribir, compartir e participar.

20 ene. 2010

(Preme na imaxe para saber mais)

2010, Ano do Libro e da Lectura en Galicia

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria continúa, neste ano 2010, declarado Ano do Libro e a Lectura en Galicia, coa súa dinámica de fomento da lectura nos centros, a través do programa Hora de Ler, e de mellora da infraestrutura básica para a lectura no ámbito educativo: as bibliotecas escolares. Entre outras accións, destacan:
Plan de mellora de bibliotecas escolares
Campaña: BIBLIOTECA ESCOLAR, ESPAZO DE LECTURAS
Mochilas viaxeiras (actualmente están a rolar por Galicia preto de 4.500 mochilas)
Clubs de lectura en centros de ensino secundario

No hay comentarios: