Oing, oing
No noso grupo de Bibliokolegas temos a sorte de contar co talento de Almudena Janeiro, quen nos agasallou na última xuntanza cunha fermosa primicia: unha nova canción, esta vez arredor do conto de Anthony Browne, 'O libro dos porcos. Como xa nos ten demostrado, a música e os libros fan unha fantástica mestura polo que ao goce de ler engadímoslle o gusto de escoitar e mesmo de cantar. Velaí unha saborosa receita:Contos en cantos, a primeira obra da nosa compañeira, que nos fixo disfrutar de moi bos momentos a pequenos e a grandes.
E gracias á súa xenerosidade agora temos esta nova canción que conta, nun tono acorde ao público que vai dirixida, unha historia para a reflexión, que nos axudará na inexcusable tarefa de educar para a igualdade.
Aquí está:
Grazas pola xenerosidade, Mik.
No hay comentarios:
Publicar un comentario