"Érase unha vez un rapaz que aos cinco anos aprendeu a ler. Iso cambioulle a vida. Grazas aos libros de aventura que lía, descubriu unha maneira de escpapar da pobre casa, do pobre país e da pobre realidade en que vivía, e trasladarse a lugares marabillosos, espléndidos, con seres fermosísimos e cousas sorprendentes onde cada día, cada noite, significaba unha maneira intensa, aventureira e novidosa de gozar.
Gozaba tanto lendo historias que, un día, este rapaz, que xa era un mozo dedicouse tamén a inventalas e escribilas. Facíao con dificultade pero, ao mesmo tempo, con felicidade e gozando cando escribía tanto coo cando lía."
Brindis de Vargas Llosa ao recibir o Premio Nobel de Literatura"
Feliz Nadal e boas lecturas.
Ler, pensar, escribir, compartir e participar.
23 dic 2010
22 dic 2010
10 dic 2010
8 dic 2010
Os contos infantís cobran vida nos novos tabletas dixitais
Fina Casalderrey estrea unha aplicación na que sairán outros cinco contos editados por Galaxia. Un «software» desenvolvido en Galicia permite personalizar as historias con voces propias.
Para saber máis, preme AQUÍ
3 dic 2010
2 dic 2010
Oing, oing
No noso grupo de Bibliokolegas temos a sorte de contar co talento de Almudena Janeiro, quen nos agasallou na última xuntanza cunha fermosa primicia: unha nova canción, esta vez arredor do conto de Anthony Browne, 'O libro dos porcos. Como xa nos ten demostrado, a música e os libros fan unha fantástica mestura polo que ao goce de ler engadímoslle o gusto de escoitar e mesmo de cantar. Velaí unha saborosa receita:Contos en cantos, a primeira obra da nosa compañeira, que nos fixo disfrutar de moi bos momentos a pequenos e a grandes.
E gracias á súa xenerosidade agora temos esta nova canción que conta, nun tono acorde ao público que vai dirixida, unha historia para a reflexión, que nos axudará na inexcusable tarefa de educar para a igualdade.
Aquí está:

Grazas pola xenerosidade, Mik.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)