Ler, pensar, escribir, compartir e participar.
4 abr 2016
18 mar 2016
Día da poesía
CONMEMORACIÓN DÍA DA POESÍA, (18 de marzo). Convocouse o II Certame de Poesía escolar. O alumnado seleccionou o seu poema preferido e recitouno para os demais compañeiros no Salón de Actos. Resultou unha actividade moi motivadora. Aquí tedes aos participantes.
10 mar 2016
Semana da prensa
3 mar 2016
18 feb 2016
Semana de Rosalía
SEMANA ADICADA A ROSALÍA DE CASTRO
O día 24 de febreiro, día do nacemento da escritora, celébrase o DÍA DE ROSALÍA.
Escritora e poeta española, Rosalía de Castro está considerada como a peza fundamental do Rexurdimento da literatura galega a finais do século XIX.
As súas obras máis importantes son Cantares gallegos (1863), obra que narra a historia do pobo galego, e Follas novas (1880). En castelán, habería que destacar En las orillas del Sar (1884).
A data de publicación de Cantares Gallegos, 17 de maio, foi elixida para convertirse no Día das Letras Galegas.
No colexio, durante esta semana, realizamos distintas actividades:
- Mural adicado á escritora.
- Música de poemas de Rosalía para ás entrada e saídas do Centro.
Martes: Campanas de Bastabales
Mércores: Maio longo
Xoves: Negra sombra
Venres: Cando era tempo de inverno
- Ilustración de estrofas ou poemas
- Memorización e recitado de poemas nas aulas
Páxina de Rosalía: http://www.rosaliadecastro.com/
LIM Rosalia: https://dl.dropboxusercontent.com/u/22431202/rosalia/rosalia.html
Lim Rosalia en verde: http://www.chiscos.net/xestor/chs/ninivarela/rosali_a_en_verde/lim.swf?libro=rosali_a_en_verde.lim
Lim do poema Como unha rosa: https://dl.dropboxusercontent.com/u/22431202/poema/rosalia.html
Rap de Rosalia: https://www.youtube.com/watch?v=_fmhkOXx66w
Presentacion de Rosalia: http://www.slideboom.com/presentations/497010/Rosal%C3%ADa-de-Castro
Xogando con Rosalía: http://www.chiscos.net/xestor/chs/ninivarela/xogando_con_rosali_a/xogando_con_rosali_a.html
Poemas de Rosalia: http://poemasderosalia.blogspot.com.es/
5 feb 2016
31 ene 2016
Día da PAZ
Para celebrar o día da PAZ, realizamos varias actividades no patio: fixemos un mosaico de cores simulando un arco da vella, colgamos un globo da PAZ que previamente fixeramos entre todos e todas na clase de Plástica e, por último, cantamos o rock da PAZ.
28 ene 2016
Visita á Biblioteca Juan Compañel.
15 ene 2016
Concursos día da PAZ
O día 30 de Xaneiro, celebramos O DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA. Dende o día 20 ao 29 de xaneiro podes participar no concurso que preparamos. Recolle un folleto na Biblioteca, contesta ás preguntas e deposítao no contedor correspondente. Tamén podes descargar os folletos premendo nas imaxes.
13 ene 2016
18 dic 2015
1 dic 2015
25 nov 2015
Exposición Samaín/Halloween
Durante a semana do 26 ao 29 de outubro, con motivo do Samaín/Halloween, estiveron expostos nos corredores do colexio os traballos feitos polos alumnos e alumnas nas clases e tamén en colaboración coas familias que, con grande maxinación, empregaron os froitos e materiais propios do outono. Houbo moita variedade de modelos, como podedes comprobar nesta pequena mostra.

20 nov 2015
Día da tolerancia
O día 16 de novembro celebramos o día da tolerancia.
Participamos no concurso de acrósticos e estes son os gañadores
29 oct 2015
26 oct 2015
Ábrese a Biblioteca
O día 23 de outubro, todos os cursos do cole participaron no acto de apertura da Biblioteca. Tres alumnos e alumnas de 6º foron os encargados de lerlles o conto "As Palabras máxicas". Todos, por niveis, xuntaron letras para facer palabras relacionadas cos valores. Logo interpretaron a canción "Yo estoy muy orgullosa" e, por último obsequiáronnos cunha chocolatina.
18 oct 2015
8 oct 2015
Premio Nacional de Literatura Infantil
NORABOA á escritora viguesa Ledicia Costas,
Premio Nacional de Literatura Infantil
![]() Foto Xerais |
A escritora viguesa Ledicia Costas obtivo o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil na súa edición 2015 pola súa novela "Escarlatina, a cociñeira defunta". Este galardón do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte distingue unha obra de autor español, escrita en calquera das linguas oficiais do Estado e editada en España durante o pasado ano 2014. A dotación económica do premio é de 20.000 euros.
| |
O Xurado decidiu premiar a obra de "Escarlatina, a cociñeira defunta" por ser "unha obra extraordinaria, humorística e rompedora no contexto da literatura infantil e xuvenil actual que destaca tamén pola súa fácil lectura, polo seu humor escalofriante, e pola habilidade para desmitificar o mundo da morte".
|
4 oct 2015
9 abr 2015
5 mar 2015
Suscribirse a:
Entradas (Atom)