Ler, pensar, escribir, compartir e participar.

9 mar 2008

Día da Muller Traballadora (bis)

TÍTULO: 8 DE MARZO - DÍA DA MULLER

¿Ata cando?

Balbina vive nunha aldea pequena moi perto de Compostela. Érguese moi cedo. Mentres Manuel e o neno durmen, ela alista os animais, prepara a pota da comida que deixará cocendo toda a mañá co lume baixiño e fai o almorzo.

Levanta ó neno e prepárao para ir á escola.

Érguese Manuel, almorza e prepara o tractor para marchar.

Botan a mañá traballando nas leiras.

Ó mediodía volven á casa. Balbina pon a comida na mesa e comen. Despois de comer, o neno marcha para a escola, Manuel vai botar unha siesta e Balbina, despois de recoller a cociña vai ó río: lava, pon a roupa ó clareo se non chove… Cando volve á casa Manuel xa se ergueu, prepáranse e van traballar a outras leiras.

Volven coa tardiña. O neno xa chegou e está xogando. Manuel aséase e vai á lareira de Alfredo, o veciño, a saber das novidades.

Balbina muxe as vacas e acomoda os outros animais. Fai de cear mentres axuda a José Manuel cos deberes. Cean todos xuntos. O neno déitase. Manuel pónse a ver a televisión e Balbina tamén, mentres repasa unhas pezas de roupa que recolleu hoxe do tendal.

Esta historia é real e tódolos personaxes tamén.

Para Balbina, e para tódalas balbinas que , mentres facían todo esto non podían abrir unha conta no banco sen o permiso do marido, nin quitar o pasaporte…. A tódalas mulleres que non pudieron votar a Constitución española porque non tiñan vinteún anos e viron como os seus compañeiros de dazaoito sí o facían.

¿por canto tempo, aínda balbinas?

A Muller Galega do Século XXI
(Clica na imaxe para ver o álbum)


A Muller Galega de principios do Século XX



Traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da Igualdade.
Se te queres unir a esta iniciativa tes o código nesta ligazón.

7 mar 2008

MULLERES TRABALLANDO


8 de marzo

TÍTULO: IMOS CONTAR MENTIRAS!!!




Imos contar mentiras...
Ou non.

Soñamos con que algún día nada disto sexa unha triste realidade. Con que homes e mulleres sexan exactamente iguais e gocen exactamente dos mesmos dereitos. Con que non haxa nin unha soa muller que sexa violada polo simple feito de selo. Con que non existan os burkas, nin os medos. Con que o traballo doméstico sexa realizado por dúas persoas e non por unha. Con que os salarios sexan exactamente os mesmos. Con que as oportunidades sexan as mesmas. Con que non haxa unha soa muller que teña medo a ser nai por non quedar sen traballo. Con que non existan diferenzas.

Cando teñamos unha sociedade, un planeta inequívocamente solidario, no futuro pensarán que nada disto é real.

Home e muller, ombreiro con ombreiro, sorriso con sorriso, loitando porque a atmósfera sexa máis respirábel.

Traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da Igualdade.
Se te queres unir a esta iniciativa tes o código nesta ligazón.

Textos e debuxos do 1º vídeo

5 mar 2008

TÍTULO: 10 Mulleres de Cine no Século XXI



O cabo dalgúns anos quen queira ter unha idea de como era a sociedade do 2008 e que papel tiña a muller nela terá que votar mán do cine.

Hoxe, anticípándonos aos acontecementos, propoñemos: dez miradas ao mundo fiminino a través de dez historias que nos mostran diferentes etapas das súas vidas.

Empezaremos por ver a aquelas que se incorporan o mundo, pero pola vía da adopción e vindo de lonxe en La pequeña Lola.

Votaremos unha ollada a aquelas nenas que difrutan unha infancia chea de comodidades e o mesmo tempo chea de histerismo, falamos de Pequeña Miss Sunshine.

Moitas mulleres procedentes de outras culturas, por adopción ou emigración, deben loitar na súa xuventude por compatibilizar as súas tradicións co seu contorno e iso e o que fan en Quiero ser como Beckhamn.

E seguindo co inevitable e marabillosa mestizaxe que nos invade, asistiremos a ruptura de tópicos que nos amosan en Las mujeres de verdad tienen curvas.

Pasada a xuventude: toca a vivir, e se non se dan as cousas como se soñaron e preciso poñerse á tarefa e tratar de cambialo todo e iso é o que fai Amelie.

Outras ven truncados os seus anhelos antes de poder cambialos, pero tratan de deixarnos un mundo mellor , como a protagonista de Mi vida sin mí.

En cualquera caso , a consigna e vivir dignamente e iso é o que tratan de facer as mulleres de Mataharis.

Claro que hai cousas que non cambian e os violentos
inimigos da convivencia e a igualdade fan das súas en
Te doy mis ojos.


Pero como dicía unha consigna: podedes arrincar as flores, pero non impediredes a chegada da primavera. Vemos isto no mundo que se inventa a granxeira de La suerte de Emma.

E acabamos cunha dura visión da idade madura en Diario de un escándalo. Que se ben non nos mostra un gran exemplo de vida si nos invita a una profunda e última reflexión.

Buscade estas películas nas bibliotecas, nas tendas ou mesmo nas carteleiras e gardádeas na memoria. Veredes como nuns poucos anos convírtense en documentos de vida deste 2008.


Traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da IGUALDADE.
Se te queres unir a esta iniciativa tes o código nesta ligazón.



26 feb 2008

CORES SEN FIN



A Nosa biblioteca

18 feb 2008

Carpetas Biblioteca





Faltan 9 días para ...

30 ene 2008

DÍa da Paz


Todos xuntos = PAZ

28 ene 2008

A Paz (V)

Pola Paz (IV)

Pola Paz VII

Pola Paz (VII)


Mañá é o día da Paz. Desde hai días as bibliotecas escolares galegas colaboramos pola primacía desta, tentamos lembrar á sociedade que é a palabra a que debe vencer sobre as armas, esas palabras que voan nos libros, nos poemas, que se transmiten polo diálogo e non polas armas. Cremos que é o Amor quen debe vencer ao egoísmo, a non-violencia debe vencer á violencia e a paz á guerra.




24 ene 2008

Fálanos duns nenos que teñen que vivir na rúa , da esmola da xente, e como ata algunha xente lles chega a parecer “ normal” esta situación tan inxusta .Non é certo que os nenos teñan fame
Non pode ser.


Ben o sabedes todos
os que andades no mundo atafegados
á percura do pan dos vosos fillos.
Ises outros que vedes pola rúa
pedindo esmola,
non teñen fame, non, porque daquela
vos teríades morto de vergonza.E ben vos vexo andar nos vosos
coches ou nos tranvías, a berrar de cousas
estranas: -¡viva, beba, baba, buba¡-sen reparar naquil esfarrapado
que coa moura mauciña está petando
na porta de ferro.Por iso penso que non é verdade
o que algún caviloso di dos nenos
que andan así petando pola vida.-¡Non, home, non!- lle dixen a un
de aqueles
-A xente pasa leda......¡Fora boa
que andivesen a rirse dos seus crimes! .


Xosé María Álvarez Blázquez(Tui 1915-1985)

23 ene 2008

Música pola Paz (3)

Seguindo co noso traballo en prol dun mundo mellor no que o diálogo impere sobre o armamento, hoxe achegámosvos tres propostas musicais aínda quentiñas: toda unha proposta de karaoke pacífico para reflexionar.

Solo le pido a Dios:



Blowing in the wind:



Rosa de la Paz:


Terceiro traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares en prol da PAZ

Pola Paz (2)

Dentro desta rede colaborativa e no noso empeño por reflexionar sobre a importancia da non violencia, aportamos hoxe o vídeo "Poemas pola Paz", unha marabillosa iniciativa que se produciu na vila de Guernica 70 anos despois de ser arrasada polas bombas en 1937, e que nesta ocasión sería bombardeada por poemas: converter a dor en arte, cambiar bombas por poesía, solucionar os conflitos con palabras.


19 ene 2008

Sí que podes.I can only imagine

A story of a father and a son . I can only imagine

Pola Paz (1)

Os blogues das bibliotecas escolares galegas, unha vez máis, unímonos na loita do dereito primordial de todo ser humano: a convivencia pacífica. Porque sabemos que a base de toda coexistencia é o entendemento, o diálogo, o feito de saber abrir os nosos ollos e os nosos oídos para escoitar e entender, desexamos elevar as nosas voces como unha soa, un só berro unido por unha soa palabra, a palabra máis fermosa que debe reinar as nosas existencias: PAZ. E para reclamala, para pedir aos gobernos que senten a dialogar, para pedir a todo home e muller que habite sobre a face da terra que sexa quen de trocar puños e fusís por verbas e entendemento, por conmiseración e diálogo, por amizade e respecto, é polo que estamos aquí. Dende hoxe até o día 30, lembrarémosvos que podemos vivir en paz, que só hai que crer nela, confiar nela, traballar por ela. O noso labor primordial é e será sempre ensinar respecto, democracia e educación. O noso labor é axudar unha mellor sociedade do futuro .


Grazas ás bibliotecas escolares por este traballo colaborativo.




19 dic 2007

Papa Noel e o Reis Meigos seguro que che agasallan cun libro, porque eles saben o que é bo para tí.
Á volta das vacacións trae os teus libros novos (co teu nome) con eles faremos unha exposición.
Gustarache velos expostos. Ánímate a pedir libros con eles disfrutarás, con eles aprenderás.

Este Nadal ademáis de turrón.
¡Libros a mogollón!
Empáchate de boas lecturas este Nadal
Feliz Nadal e Boas Lecturas.

9 dic 2007

10 decembro : Día dos Dereitos Humáns



Os Dereitos Humanos
Os Dereitos Humanos son o conxunto de prerrogativas inherentes á natureza da persoa, cuxa realización efectiva resulta indispensábel para o desenvolvemento integral do individuo que vive nunha sociedade xuridicamente organizada. Estes dereitos, establecidos na Constitución e nas leis, deben ser recoñecidos e garantidos polo Estado. Poderiamos dicir mesmo que son aquelas esixencias que agroman da propia condición natural do home.

Cando falamos da palabra “dereito” facemos fincapé nun poder ou facultade de actuar, un permiso para obrar nun determinado sentido ou para esixir unha conducta doutro suxeito. E son chamados “humanos” porque son do home, de cada un de nós. O home é o destinatario destes dereitos. E así, reclaman recoñecemento, respecto e promoción por parte de tod@s e especialmente da autoridade. Por iso, estes dereitos son inherentes e inalienables. Os dereitos humanos son universais porque pertencen a todos os homes, a todos por igual, en todo tempo e lugar; atópanse de xeito innato ligados á natureza do home. Deben ser o piar das comunidades.

Porén, non son realmente respectados, existindo toda clase de violacións: privacións das liberdades fundamentais, torturas, imposibilidade de acceso aos servizos de saúde e auga potábel, uso de minas antipersoais, discriminación e actos terroristas que xeran catástrofes, xenocidio, nenos soldado, etc.

Ás veces, esquecémonos do realmente importante, ocupados como estamos no noso devir cotián. Son as cousas e as persoas cercanas as que realmente nos importan, as que nos fan sufrir ou aledarnos. Pero tamén sabemos que o noso oficio, o noso traballo, a nosa dedicación primeira e fundamental é formar a unha serie de persoas-proxecto, o cerne do futuro, as xeracións que poderán facer do mundo do mañá un universo máis xusto no que habitar. Somos educadores, e como tales, priorizamos tarefas como a que agora nos une. Debemos procurar que o noso alumnado reteña na súa retina e na súa memoria que días como o 25 de novembro, o 30 de xaneiro, o 8 de marzo… días coma o de hoxe existen porque hai persoas que sofren unha penuria diaria que contravén o espírito do ser humano que deberiamos abandeirar. É o noso labor tentar que eses sufrimentos non existan, que deixen de existiren eses días porque a sociedade do futuro, esa na que tanto temos nós que dicir –non o esquezamos, co noso propio exemplo- non as procura, non as necesita.

Por esta razón, aquí estamos, de novo, unidos por unha nova causa común, o Día dos Dereitos Humanos, denunciando a súa violación. Vímolo facendo dende hai tres días. Resulta, sen lugar a dúbidas, moi clarificador, que os nosos blogues estean unidos desde esas datas. Emotivo. Significativo. É o noso desexo seguir a loitar unidos. E conseguirémolo.


CARTEIS CONTRA AS VIOLACIÓNS DOS DDHH




Dignidade e Xustiza para todos nós!!

Pica na cita e verás unha presentación feita con debuxos realizados polo alumnado de Infantil e Primaria

"Os Dereitos Humanos son os nosos dereitos. Tomémolos, defendámolos, promovámolos, esntendámolos e insistamos neles. Nutrámolos e enriquezámolos...Son o mellor de nós. Deámoslles vida" (Kofi Annan)