(Preme na foto para saber e escoitar outras obras desta compositor.)
25 ene 2009
Verdad que sería estupendo...
21 ene 2009
Libros en son de Paz.
Podes atopar estes libros na biblioteca. Pregunta por eles. Hai moitos máis...
A partires do luns, 26 estarán expostos na biblioteca.
En "son" de versos pola PAZ
Choven balas Seres berran Arden vilas Queiman leiras Caen nenos Chora a terra Xeme o pobo Pingas negras Cicatrices Dor vermella Destrución Chuvia cega Berros tristes Dor marela Choven balas e miseria Noite fría Tristes guerras Nace o medo Chora a terra.
Antonio García Teijeiro, Chove nos versos
19 ene 2009
Esta semana na actividade de "Música na escola " soa:
18 ene 2009
Recursos...Os libros, e a lectura, outra forma de recordar a PAZ.
Dende a Fundación Germán Sánchez Ruipérez achéganos unha relación de libros co tema da Paz.
Sara (1ºA), Miguel (1ºB), Diego (2ºA), Nerea (2ºB), Iago (3ºA), Uxía (4ºA), Lucía (5ºA), Nerea (5ºB), Andrea (6ºA), Aida (6ºB) son os gañadores do concurso de receitas. Noraboa!!!
Xa están ... Estas son algunhas suxestións para este Nadal, podedes engadir estes e outros libros a vosa carta aos Reis Magos. Á volta das vacacións exporánse nos corredores do cole para que todos tiñamos a oportunidade de ollar os libros que vos deixaron os Reis nos zapatos.
Animacón en plástilina, baseada nun relato de Castelao. Nun porto do norte de Europa. Encóntranse un mariñeiro que fala inglés e con outro que fala francés. Ambos beben xuntos, e ...
LITERAPIA. Iniciativa que consiste en utilizar a literatura como elemento terapéutico cos pacientes nos hospitales. Filólogos, historiadores,escritores, médicos ...xuntos na Fundación do Policlínico A Rosaleda levan a cabo esta experiencia.
Esta semana, o xoves e o venres, escoitaremos a peza musical elexida para o concurso. Estade atentos, "poñer a orella " e moita sorte. Aquí déixovos as preguntas. Hai para os tres ciclos. Os vosos titores e titoras teñen as papeletas. Cubrilas coas respostas correctas e entregalas antes do venres ás 12. Anímadevos a participar. Os gañadores recibirán os seus agasallos o día 19 de decembro. A escoitar!!!!!
Podes visitar a exposición "Os libros non se comen pero...alimentan" no corredor do primeiro andar do colexio (ao lado de Infórmatica). É unha selección de libros vistos na Fundación Germán Sánchez Ruipérez , Seminario de Biblioteca e literatura Infantil do CEIP Miguel Servet- Fraga (Huesca) e en SOL. (Servicio de Orientación de Lectura). Hai unha ficha que podedes utilizar cando visitedes a exposición. Será máis doado .... Falar cos titores.