Ler, pensar, escribir, compartir e participar.

7 may 2008

Roseira do teu mencer


Nena, neniña,
pequerrechiña,
durme, que xa durmen
o galo e a galiña.
rmete axiña...
Se te non durmes, vén a raposa
que garda o sono dos nenos na fosa;
se te non durmes, vén a martaraña,
que todo sono dos nenos apaña;
se te non durmes, vén a donicela,
que todo o sono dos nenos arela...
Anda, neniña
pequerrechiña,
durme, que xa durme
os años na curtiña
Dúrmete axiña...
Se te non durmes, vén o morcego
manto de crego
vén a curuxa
cara de bruxa,
vén o vencello
pernas de vello,
e os tres á unha, nun Santiamén
voa..., que voa..., que te voarías,
lévanche o sono moi lonxe de aquén.
Anda, neniña, que eu rezo, meu ben,
pra escorrentalos, tres Avemarías
Amén.
Vigo. Coruxo 28-8-49

6 may 2008

Abraham Carreiro



Abraham Carreiro visitará o CEP Igrexa - Valadares, mañán 7 de maio, dentro das actividades organizadas co gallo das Letras Galegas 2.008.

5 may 2008

17 xoias en galego

PODES ATOPALOS NA BIBLIOTECA DO COLE.
VEN E VERÁS.



30 abr 2008

Album de fotos: X.M. Álvarez Blázquez

Dende o blogue "Biblio Cóntame" esta presentación con fotos do escritor que se lle adica este 17 de maio, o día das Letras Galegas.


25 abr 2008

Maratón de lectura (23-4-2.008)

Os libros son como espellos: mirándonos neles descubrimos quen somos...


24 abr 2008

O meu libro favorito



Despois de homenaxear o LIBRO, seguimos traballando.
"O libro é salvavidas da soidade" (Ramón Gómez de la Serna)

23 abr 2008

Abril, mes dos libros: Razóns para ler (10)





Feliz día do LIBRO

Celébrao!!!
Porque os libros e as historias que cumplen anos xamais fanse vellas, teñen maxia no seu interior.
Celébrao!!!!!!
Grazas aos contos, as novelas, a nosa mente voa lonxe e o noso maxín faise máis libre.
Celébrao!!!!
A mistura de historias, personaxes e lugares preveñen a tristura e a soidade.


Feliz aniversario, LIBRO!!!!

http://www.blogger.com/www.lacajamagica.net

Cartel: Día do Libro (IES Río Cabe- Monforte)



AUTORA:Maria Reboredo

22 abr 2008

Abril,mes dos libros: Razóns para ler (9)


DÍA da TERRA


O día 22 de abril é o día da Terra, que se celebra desde hai 40 anos. Desexamos que esta celebración serva para que coidemos, de verdade, máis a nosa e única TERRA.

Cartel de IES Río Cabe de Monforte.

21 abr 2008

Abril, mes dos libros: Razóns para ler (8)









23 de abril é o Día doLibro e os Dereitos de Aut@r
Celébrase este día por ser o día en que morreron dous importantes escritores da Literatura Universal: Miguel de Cervantes e William Shakespeare.
Cervantes é o autor de "Don Quijote de la Mancha".
Shakespeare escribiu "Romeo e Xulieta".
Preme nesta páxina e poderás disfrutar dunha das aventuras máis famosa de Don Quixote.



20 abr 2008

Abril, mes dos libros: Razóns para ler (7)

O escritor Carlo Frabetti, logo do seu paso polas Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia - 2007, que tiveron lugar en Santiago de Compostela no mes de outubro dese ano, enviounos como agasallo un texto sobre os libros e a lectura, sobre o LIBERESPAZO, territorio de tolerancia e de liberdade para medrar e compartir. Deste xeito, o autor celebra canda nós o Día Internacional do Libro, unha oportunidade para descubir a literatura, como el ben di, non como materia escolar, non como catálogo de títulos e autores, senón como mundo animado, como universo.
Desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares agradecemos este agasallo e convidamos á súa lectura.
Desde a Biblioteca de Valadares tamén. Grazas, Carlo.

17 abr 2008

Abril, mes dos libros: Razóns para ler (6)

Hoxe os participantes na actividade convocada pola la biblioteca o día da Poesía, 21 de marzo recibiron un agasallo polo seu traballo. Noraboa! Aida, Estela, Brais e Iago.
Ánimo e seguide traballando, estades no bo camiño.

Abril, mes dos libros: Razóns para ler (5)

No blogue O Segrel do Penedo coñecemos esta curta do director Pablo Bullejos, sobre a vida nas bibliotecas. (Via Bescolar) Marabillosa visión da lectura:"LA SEGUNDA ESTRELLA A LA DERECHA"





16 abr 2008

Abril, mes dos libros :Razóns para ler (4)

Roberto Innocenti
Premio H.C. Andersen 2008 de ilustración.

Noraboa!!