26 abr 2009
24 abr 2009
22 abr 2009

21 abr 2009
20 abr 2009
Abril, mes dos libros (1)
Os libros, ás veces, fanse unha homenaxe á se mesmos converténdose nos protagonistas das narracións. Os escritores, as palabras, as bibliotecas, os personaxes máis coñecidos dos contos clásicos, entran nas historias facéndose donos e señores. É coma se os libros dixesen: agora imos falar de nós. De como nos fan, de quen nos escribe, e nos ilustra, dos lectores que nos devoran, de quen nos coidan e ordea. E tamén ás veces, xogan e deciden mesturar os personaxes de varios contos e colocalos noutras historias para que os lectores nos sorprendamos e que pensemos que aínda hai miles de historias por escribir e as mesmas por ler e que teñamos a seguridade de que as historias non rematarán nunca.
(Club Kirico)
19 abr 2009
Mik dende O Recanto de Mik, achéganos esta fermosa cadea creativa dos oito desexos. que foi convidado por CONTOMUNDI, que tamén foi convidado pola profesora Fátima Campilho, do blog Blogstórias Essenciais, que recibiu o convite do escritor, músico e arte-educador Marcelo Maluf, do blog Labirintos no Sótão. E, antes, Marcelo Maluf fora invitado por… E así vaise enchendo a blogosfera de desexos e fantasía.O primeiro paso desta encomenda é expresar os oito desexos e aquí van os meus:
1.Poder viaxar á Lúa e moder un anaco.2.Ter tempo para ler máis...3. Pasear sen mirar o reloxo.
4. Que a lectura sexa maxia.5. Falar e falar, e seguir falando.6. Que non falte a imaxinación.7. Que o ser humano sinta.8. Que os libros sexan a memoria do mundo.
E agora eu convido aos seguintes blogs para que continúen a cadea:
E só nos queda:Comentar no blog de quen nos convidou.Comentar no blog dos nosos(as) convidados(as), para que saiban da "convocatoria". Mencionar as regras.
14 abr 2009
8 abr 2009
RECEITA DE COMO LER UN BO LIBRO
Ingredientes:
Un bo libro.
Unha estancia cómoda.
Un bo asento.
E un cerebro.
En primeiro lugar debe coller o seu libro e dirixirse á súa estancia cómoda. Asegúrese de preparar con antelación a estancia antes de comezar. A continuación sente no seu asento, póñase cómodo, é preferible que sexa un sofá cuns cantos coxíns ou unha cama quentiña, despois colla o seu libro e póñase a ler. Agora o único que ten que facer é relaxarse e deixar que a súa imaxinación faga o resto do traballo por vostede. E tanto pode porse a ler un libro de medo como un de aventuras ou do que vostede prefira. Iso non alterará nada o sabor.
Grazas, Rebeca. (IES Sanxenxo)
(Vía Bibliomanía)
3 abr 2009
Está a chegar aos centros o CARTEL editado neste inicio do curso 2008/2009 pola Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa (Asesoría de Bibliotecas Escolares), coa finalidade de lembrar a importancia da biblioteca escolar como instrumento necesario e imprescindible ao servizo das aprendizaxes no centro.... de todo tipo de aprendizaxes: a lectura comprensiva de textos diversos en soportes tamén diversos, o uso crítico (e máis ético) de fontes informativas diferentes, a produción de información propia, a elaboración de traballos documentais en función das necesidades xeradas desde as distintas áreas e materias, o ser lector... unha biblioteca que dá servizo a profesorado e alumnado, tamén cando se pode, ao resto da comunidade escolar... unha ferramenta no traballo por competencias que os novos currículos-LOE apoian decididamente.... é dicir, un auténtico servidor central.
O cartel está ilustrado por Manuel Lariño; continúase así unha liña de traballo con debuxantes galegos que se iniciara co programa de fomento da lectura Hora de Ler, no ano 2006, nun intento de potenciar a presenza da ilustración no contexto educativo e procurando a visión destes autores respecto do mundo da lectura e das bibliotecas.