22 dic 2009
21 dic 2009
Nadal: As nosas tradicións

PREME na imaxe para saber máis...
“O Apalpador” é un xigante, carboneiro de profesión, que ao chegar o Nadal visita as aldeas lucenses para “apalpar” as barrigas dos nenos e nenas. Comproba se están debidamente alimentados e deixalles algunhas castañas quentes, non sen desexarlles que non pasasen fame durante o ano seguinte.Este ano publicouse o conto titulado "Antón e o Apalpador", unha obra de Manuel Castro e Mar Ameixeiras, e ilustrada por Francisco Ameixeiras. Conta a historia de Antón, un neno que viaxa ao Courel para pasar as vacacións coa súa madriña. Tamén contén seis páxinas de xogos por se queredes coñecer máis cousas sobre o Apalpador...
19 dic 2009
16 dic 2009
10 dic 2009
8 dic 2009
Música na escola

Sóache? Seguro que xa a tes escoitado e bailado.
¿Quien le pone salsa a este cha-cha-cha?
Con el salero enamoro a quien yo quiero
¿Quien le pone salsa a este cha-cha-cha?"
7 dic 2009
10 decembro: Día dos Deritos Humanos

Dende o CEIP de Andrade esta WEBQUEST para traballar os DEREITOS HUMANOS.
Grazas por compartir o voso traballo.
Libros relacionados coa data do 10 decembro.
5 dic 2009
2 dic 2009
The Incredible Book Eating Boy
Grazas a Espazo de Lectura e a Rosana, a súa responsable en dinamización.(Visto en CABRAFANADA-Blog de Fran Alonso)
20 nov 2009

O Ministerio de Educación vén de presentar o centro virtual para a lectura e as persoas lectoras, LEER.ES, creado en colaboración coas Comunidades Autónomas, a Real Academia de la Lengua Española e o Instituto Cervantes.. Aquí, os rapaces e rapazas poden atopar estímulos diferentes para a súa formación como lectores de todo tipo de textos (icónicos, textuais, multimedia...) e para a produción e difusión das súas propias creacións.
Leer.es é tamén un espazo para as familias e para os docentes, un lugar de encontro para os mediadores nesta gran tarefa que supón a construción paulatina e sen descanso dunha sociedade lectora. Pouco a pouca irase enchendo de contidos coas achegas das distintas comunidades autónomas e dos lectores e lectoras. Polo pronto, hai xa dispoñible, entre moito outro material, un bo número de documentos de interese sobre a lectura e a formación dos lectores (no apartado dos docentes), que recomendamos.
Os días 13, 14 e 15 de novembro reunironse en Madrid diversos especialistas do ámbito da lectura nos seus máis diversos aspectos, no congreso Leer.es, no que participaron tamén responsables dos programas de bibliotecas escolares e de plans lectores ou programas de fomento da lectura nas diversas comunidades autónomas, así como asesores e responsables de formación do profesorado neste ámbito. As sesións puidéronse seguir directamente a través do sitio web do congreso, e alí estarán accesibles próximamente.
31 oct 2009

1º premio da 5ª edición do Concurso de fotografía "O Placer de Ler 2009" convocado pola Biblioteca Municipal do Porriño. (Máis fotos)
9 oct 2009
1 oct 2009
17 jun 2009
11 jun 2009
Noraboa a tod@s!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
BubbleShare: Share photos - Play some Online Games.
9 jun 2009
1 jun 2009
27 may 2009
25 may 2009
21 may 2009
Homenaxe a Antonio Vega
(Versión dos GIGOLOS AUNTS: "The girl from yesterday")
19 may 2009
18 may 2009
10 may 2009
O RAP DA LINGUA
As compañeiras dos equipos de Normalización e de Biblioteca do Ceip Mestre Martínez Alonso de Vigo achégannos esta fermosa montaxe coa canción do grupo Migallas "O rap da lingua":
7 may 2009
4 may 2009
26 abr 2009
24 abr 2009
22 abr 2009

21 abr 2009
20 abr 2009
Abril, mes dos libros (1)
Os libros, ás veces, fanse unha homenaxe á se mesmos converténdose nos protagonistas das narracións. Os escritores, as palabras, as bibliotecas, os personaxes máis coñecidos dos contos clásicos, entran nas historias facéndose donos e señores. É coma se os libros dixesen: agora imos falar de nós. De como nos fan, de quen nos escribe, e nos ilustra, dos lectores que nos devoran, de quen nos coidan e ordea. E tamén ás veces, xogan e deciden mesturar os personaxes de varios contos e colocalos noutras historias para que os lectores nos sorprendamos e que pensemos que aínda hai miles de historias por escribir e as mesmas por ler e que teñamos a seguridade de que as historias non rematarán nunca.
(Club Kirico)
19 abr 2009
Mik dende O Recanto de Mik, achéganos esta fermosa cadea creativa dos oito desexos. que foi convidado por CONTOMUNDI, que tamén foi convidado pola profesora Fátima Campilho, do blog Blogstórias Essenciais, que recibiu o convite do escritor, músico e arte-educador Marcelo Maluf, do blog Labirintos no Sótão. E, antes, Marcelo Maluf fora invitado por… E así vaise enchendo a blogosfera de desexos e fantasía.O primeiro paso desta encomenda é expresar os oito desexos e aquí van os meus:
1.Poder viaxar á Lúa e moder un anaco.2.Ter tempo para ler máis...3. Pasear sen mirar o reloxo.
4. Que a lectura sexa maxia.5. Falar e falar, e seguir falando.6. Que non falte a imaxinación.7. Que o ser humano sinta.8. Que os libros sexan a memoria do mundo.
E agora eu convido aos seguintes blogs para que continúen a cadea:
E só nos queda:Comentar no blog de quen nos convidou.Comentar no blog dos nosos(as) convidados(as), para que saiban da "convocatoria". Mencionar as regras.
14 abr 2009
8 abr 2009
RECEITA DE COMO LER UN BO LIBRO
Ingredientes:
Un bo libro.
Unha estancia cómoda.
Un bo asento.
E un cerebro.
En primeiro lugar debe coller o seu libro e dirixirse á súa estancia cómoda. Asegúrese de preparar con antelación a estancia antes de comezar. A continuación sente no seu asento, póñase cómodo, é preferible que sexa un sofá cuns cantos coxíns ou unha cama quentiña, despois colla o seu libro e póñase a ler. Agora o único que ten que facer é relaxarse e deixar que a súa imaxinación faga o resto do traballo por vostede. E tanto pode porse a ler un libro de medo como un de aventuras ou do que vostede prefira. Iso non alterará nada o sabor.
Grazas, Rebeca. (IES Sanxenxo)
(Vía Bibliomanía)
3 abr 2009
Está a chegar aos centros o CARTEL editado neste inicio do curso 2008/2009 pola Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa (Asesoría de Bibliotecas Escolares), coa finalidade de lembrar a importancia da biblioteca escolar como instrumento necesario e imprescindible ao servizo das aprendizaxes no centro.... de todo tipo de aprendizaxes: a lectura comprensiva de textos diversos en soportes tamén diversos, o uso crítico (e máis ético) de fontes informativas diferentes, a produción de información propia, a elaboración de traballos documentais en función das necesidades xeradas desde as distintas áreas e materias, o ser lector... unha biblioteca que dá servizo a profesorado e alumnado, tamén cando se pode, ao resto da comunidade escolar... unha ferramenta no traballo por competencias que os novos currículos-LOE apoian decididamente.... é dicir, un auténtico servidor central.
O cartel está ilustrado por Manuel Lariño; continúase así unha liña de traballo con debuxantes galegos que se iniciara co programa de fomento da lectura Hora de Ler, no ano 2006, nun intento de potenciar a presenza da ilustración no contexto educativo e procurando a visión destes autores respecto do mundo da lectura e das bibliotecas.