Ler, pensar, escribir, compartir e participar.

25 ene 2011

Cine pola PAZ II. " CUANDO EL VIENTO SOPLA"


 O 26 de abril de 1986 foi o maior desastre nuclear da historia en Chernobyl , o mesmo ano, Jimmy T.Murakami estreou "Cando o vento sopra", en banda deseñada e amosa que se poden facer bos filmes para adultos neste formato. É un chamamento contra a bomba atómica e a guerra nuclear.

 A historia nos presenta a dous xubilados en Gran Bretaña (pero podía ser en calquera lugar do mundo), cando é atacada cunha bomba atómica.  A parella cre cegamente no seu goberno e segue os pasos que son aconsellados nestes casos.
 Trátase dun xeito moi suave e conmovedor un drama moi real, é unha critica ao goberno e presenta un progreso pesimista e grotesco.
 Está lonxe de mostrar o horror da guerra, levanos  ao amor entre dúas persoas e as súas reaccións ante o fin das súas vidas.
Como nota curiosa, que David Bowie participou parte da banda sonora.





Extracto del film Cuando el viento sopla from dec on Vimeo.