bibliovaladares
Ler, pensar, escribir, compartir e participar.
24 jun 2016
25 may 2016
23 may 2016
22 may 2016
20 may 2016
Pepiña Maruxiña quere voar
O día 18 de maio, dentro das actividades das Letras Galegas, o grupo Barafunda amenizounos a mañá coa obra "Pepiña Maruxiña quere voar".
Pepiña busca polo xardín alguén que lle axude a voar e vai coñecendo aos diferentes insectos que o habitan. Esta obra mistura a música e diferentes elementos coma globos, escuma...
Ao rematar, fixemos unha maruxiña con dou globos e decorámola con rotulador e pegatinas
26 abr 2016
LIM MANUEL MARÍA
Co gallo do Día das Letras Galegas, este ano
adicadas ao escritor Manuel María, elaboramos este LIM para o coñecemento da súa
vida e obra.
17 abr 2016
13 abr 2016
Este ano, como de costume participamos no programa Aliménta-T ben, e traballamos diferentes calidades dos froitos e os beneficios que aportan a nosa dieta.
Creamos neste trimestre o libro: SORPRESAS DUNHA MAZÁ, que podedes consultar na nosa biblioteca.
Nel atoparedes contos, adiviñas, receitas... E moitas cousas máis!
Creamos neste trimestre o libro: SORPRESAS DUNHA MAZÁ, que podedes consultar na nosa biblioteca.
Nel atoparedes contos, adiviñas, receitas... E moitas cousas máis!
4 abr 2016
18 mar 2016
Día da poesía
CONMEMORACIÓN DÍA DA POESÍA, (18 de marzo). Convocouse o II Certame de Poesía escolar. O alumnado seleccionou o seu poema preferido e recitouno para os demais compañeiros no Salón de Actos. Resultou unha actividade moi motivadora. Aquí tedes aos participantes.
10 mar 2016
Semana da prensa
3 mar 2016
18 feb 2016
Semana de Rosalía
SEMANA ADICADA A ROSALÍA DE CASTRO
O día 24 de febreiro, día do nacemento da escritora, celébrase o DÍA DE ROSALÍA.
Escritora e poeta española, Rosalía de Castro está considerada como a peza fundamental do Rexurdimento da literatura galega a finais do século XIX.
As súas obras máis importantes son Cantares gallegos (1863), obra que narra a historia do pobo galego, e Follas novas (1880). En castelán, habería que destacar En las orillas del Sar (1884).
A data de publicación de Cantares Gallegos, 17 de maio, foi elixida para convertirse no Día das Letras Galegas.
No colexio, durante esta semana, realizamos distintas actividades:
- Mural adicado á escritora.
- Música de poemas de Rosalía para ás entrada e saídas do Centro.
Martes: Campanas de Bastabales
Mércores: Maio longo
Xoves: Negra sombra
Venres: Cando era tempo de inverno
- Ilustración de estrofas ou poemas
- Memorización e recitado de poemas nas aulas
Páxina de Rosalía: http://www.rosaliadecastro.com/
LIM Rosalia: https://dl.dropboxusercontent.com/u/22431202/rosalia/rosalia.html
Lim Rosalia en verde: http://www.chiscos.net/xestor/chs/ninivarela/rosali_a_en_verde/lim.swf?libro=rosali_a_en_verde.lim
Lim do poema Como unha rosa: https://dl.dropboxusercontent.com/u/22431202/poema/rosalia.html
Rap de Rosalia: https://www.youtube.com/watch?v=_fmhkOXx66w
Presentacion de Rosalia: http://www.slideboom.com/presentations/497010/Rosal%C3%ADa-de-Castro
Xogando con Rosalía: http://www.chiscos.net/xestor/chs/ninivarela/xogando_con_rosali_a/xogando_con_rosali_a.html
Poemas de Rosalia: http://poemasderosalia.blogspot.com.es/
5 feb 2016
31 ene 2016
Día da PAZ
Para celebrar o día da PAZ, realizamos varias actividades no patio: fixemos un mosaico de cores simulando un arco da vella, colgamos un globo da PAZ que previamente fixeramos entre todos e todas na clase de Plástica e, por último, cantamos o rock da PAZ.
28 ene 2016
Visita á Biblioteca Juan Compañel.
15 ene 2016
Concursos día da PAZ
O día 30 de Xaneiro, celebramos O DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA. Dende o día 20 ao 29 de xaneiro podes participar no concurso que preparamos. Recolle un folleto na Biblioteca, contesta ás preguntas e deposítao no contedor correspondente. Tamén podes descargar os folletos premendo nas imaxes.
13 ene 2016
18 dic 2015
Suscribirse a:
Entradas (Atom)